Chegados a este punto do curso, decidimos coñecer outro tipo de textos e as súas propiedades, polo que incluimos nas nosas dinámicas semanais o traballo coa prensa. Empregar a prensa na aula supón dispoñer dun recurso máis que lles axudará nos procesos de aprendizaxe de lectoescritura.
A prensa é un recurso de gran valor didáctico en canto que lle permite acceder ao mundo dos adultos, e ao mesmo tempo proporciónalle imaxes, pictogramas, anagramas, logotios que forman parte do seu mundo.
O noso traballo basearase en acadar os seguintes obxectivos:
- Aplicar a coordinación visomanual precisa para manexar e explorar obxectos cunha determinada precisión.
- Observar sucesos e acontecimientos do contorno dos nenos e das nenas.
- Diferenciar as características propias do xornal.
- Ler, interpretar e producir imaxes como forma de comunicación.








