Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta Faladoiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Faladoiros. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de abril de 2013

ZOQUEANDO: FALADOIRO (I)


A biblioteca do noso cole propúxonos un gran reto, pescudar información arredor dun oficio tradicional galego. Decidimos escoller os zoqueiros.
A partires de aquí empeza unha nova andaina chea de grandes descubrimentos, vocabulario, ferramentas, nomes.... arredor desta figura. 
Pero coma toda investigación debemos saber os coñecementos previos, así que, ¿QUE SABEMOS DOS ZOQUEIROS?: QUENES FORON?, QUE FAN? CON QUE MATERIAIS TRABALLAN?.... 

Profe: Quenes son os zoqueiros?
Uxía: eu teño unha peli dun zapateiro que fabricaba zapatos. 
Rubén: o libro que nos leeu a mamá de Uxía era dun zapateiro. 
Silvia: un día a miña abuela quitou unhas zocas pequenas do coche do meu abuelo, que estaban colgadas. 
Rocio: son iguales que os zapateiros.
Profe: estades todos de acordo niso?
Pablo: eu solo sei que os zoqueiros fan zocos e os zapateiros zapatos. 
Alicia: yo tengo una canción y la escuchamos en música (todos cantan, envolviendo, desenvolviendo...)
Rubén: cando fomos o Museo do Pobo Galego había unha  (monitora) que nos mandou buscar zapatos de madeira. 
Pablo: eses zapatos eran zocos. 
Uxía: un día vin uns zocos na miña casa, pero non sei onde están; erán marróns. 
Silvia: a abuela un día regaloulle uns zocos a unha amiga miña. 
Uxía: os zocos son iguales que os zapatos e teñen aquí debaixo (sinala a planta do seu calzado) para facer sonar. 
Carla: por aquí  (sinalan no seu zapato) as zocas teñen madeira para que fagan moito ruido. 
Pablo: os zocos son máis altos cos zapatos. 
Profe:Falades de zocos e zocas, son o mesmo?, hai algunha diferencia?
Pablo e Carla: nada, son o mesmo. 
Sarai: as zocas son para as mulleres e os zocos para os homes. 
....

Trala lectura dalgunhas das frases que se recolleron durante esta asamblea, nos decatamos que os picariños xa contan con grandes coñecementos, a veces veraces outras non, pero sempre froito das súas vivencias, neste caso familiares. Con estas pequenas investigacións, polo tanto, pretendemos crear conflitos cognitivos, a través dos cales se decaten e analicen o que saben e os novos coñecementosadquiridos a través da investigación e procura de información. 

miércoles, 29 de febrero de 2012

RUSELL EL BORREGO

portada-russell-borrego_grande

Esta tarde tivemos unha contacontos marabillosa, a cal nos presentou a historia de Russell el borrego. Este conto narra a divertida historia dun diferente cordeiro, que non é capaz de durmir; inténtao durante longas horas, de diferentes posturas…. ata que por fin, é capaz de durmir ……, pero sabedes como?. Preferimos deixar aberta  a porta á curiosidade de todos e de todas, convindándovos a que procuredes a resposta no seo do libro.

        1

Sen lugar a dúbidas, Robert Scotton, o seu autor, namorounos a todos presentando nas mans de Marta, unha historia que ben a poderiamos contar antes de nos deitar. Pero, que fan os picariños para durmir?:

Pablo: eu tapo os ollos e punto.

Rocío: e eu estou un pouco desperta, e despois durmo.

Uxía: empezo a pensar a pensar, estou moito tempo durmindo, ata que as galiñas fan ruido e xa me desperto.

Alicia: me quedo despierta y después me duermo.

María: mami leme un conto e tápame.

Rubén: algunas veces mamá me le un cuento, algunas veces  no.

Carla: yo teño sede e vou a cocina e bebo, e despois teño sono e durmo; tapo os ollos e non teño nada de medo.

Marcos: antes de durmir merendo (referíndose a cena)

……….

E, agora só falta Russell, onde estará?. Xa estará durmindo?.

img031

img025img026

img028

img027

img030

 

 

 

img029

lunes, 10 de octubre de 2011

ONDE VIVEN AS ARAÑAS

Nos nosos faladoiros seguimos a tratar o tema das arañas, nesta ocasión a cuestión era a seguinte:

ONDE VIVEN AS ARAÑAS?

Rubén: no burato da terra e tamén hai hormigas.

Pablo: nooo, nos buratos viven os grilos.

Rocío: viven dentro das merendas, ... bueno, a veces.

Silvia: nooooo.

Uxía: viven nun coco tamén.

Silvia: nas telarañas.

Profe: e onde atopades as telarañas?.

Pablo: no parque, a veces pegadas no tobogán .

Sarai: no meu xardín.

Silvia: nos meus columpios están colgadas.

Alicia: cuando voy con la abuela al monte.

Rocío: no meus jardines.

Carla: no jardín.

Manuel: eu vexo no monte e na carretera.

María: cando era de noite o meu irmá máis e vimos unha araña dentro da casa e matámola.

uxía: na miña casa vin unha no comedor era grandísima e peluda.

Pablo: eu un día vin no zoo unha tarántula.

Profe: e de que están feitas as telarañas?

Rubén: de fío

Rocío: de paja

Manuel: de alpaca

………

O faladoiro cerrouse por hoxe, pero seguirá aberto nas mentes dos cativos e das cativas, quedará algo máis por saber das arañas?.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS