Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Xa estamos rematando este mes de abril,pero antes de comezar un novo mes,festexamos na aula o cumpreanos de Óscar cunha torta de chocolate. Agora xa tes seis anos, que maior!
Comezamos a semana de celebración, porque de novo, outro dos nosos pícaros está de cumpre, nesta ocasión é Brais o que se suma aos nenos e nenas que xa teñen seis anos.
Os Axentes Forestais de Silleda visitaron o mércores pasado o noso colexio para falarnos da importancia das árbores dentro das nosas vidas e da nosa contorna. Trala pequena charla agasalláronnos cunha árbore: carballo ou arce, que levamos encantados para as nosas casas.
Despois destas tan merecidas vacacións, voltamos a nosa rutina, e como non pode ser doutro xeito, xa comezamos celebrando dous cumpreanos. O primeiro o de Paula Campos, o martes 6 e o mércores 7 o de Marcela.
SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS
POR UN ENSINO PÚBLICO
Pintura de Leandro Lamas
Contacta con nós
ospicarosdevane@hotmail.com
AGORA NO MÓBIL
Abre o lector de Códigos QR, achega o móbil e goza cos Picariños.