Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de mayo de 2014

NON PUIDO SER (OLLOBOI 2014)



O pasado venres 23 acudimos á gala OlloBoi 2014 que se celebrou na Casa de Cultura de Boiro. A nosa curta "Pilú, Pilú!" non se atopou entre as gañadoras, cantas curtas! Canto nivel! Era moi complicado!

Pois ben, ata aquí chegou a andaina do noso Crocodilo e do seu amigo, o simpático paxariño Pilú. 

Agradecervos a todos, alumnos e alumnas, mestres e mestras, familias, amigos e amigas, o voso apoio durante estas últimas semanas; así ben seguro que repetiremos!

domingo, 13 de abril de 2014

PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS 2014

Preme encima da imaxe para acceder
Por segundo ano consecutivo, Os Pícaros de Vane quixemos presentar a nosa candidatura aos Premios Espiral de Edublogs co cal se pretende valorar a importancia e a repercusión dos blogs na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación dos alumnos.

Moita sorte a todos os participantes en especial aos do noso cole: O Recuncho das fadas (blog xestionado pola profe Anabel) e o Our English Corner`s Blog (xestionado pola Teacher María).

lunes, 29 de abril de 2013

SOMOS FINALISTAS DA VII EDICIÓN DO PREMIO EDUBLOGS



Este domingo Os Pícaros de Vane acaban de recibir unha grata nova, estamos clasificados como finalistas do Premio Espiral Edublogs 2013, ao cal presentamos a candidatura fai un par de semanas. Agora teremos que esperar a resolución definitiva que se desenvolverá ao longo deste mes de maio.
Pola nosa banda agradecer á asociación Espiral, ao xurado, aos blogs presentados e de xeito especial, felicit...ar aos blogs finalistas da categoría Blogs de maestros e maestras, e ao blog da nosa teacher (categoría Blogs de maestros y maestras, profesores y profesoras).
Non queremos cerrar este comentario sen agradecerlle ás familias, quenes son parte integrante do noso traballo diario: aportando material, participando das actividades que se desenvolven: contacontos, talleres de cocina, ofrecendo suxestións..... , por todo iso, MOITAS GRAZAS.
E como non, millóns de grazas a todos aqueles que día a día me apoiades con gratos comentarios, cun sorriso, cunha chamada, cunha mirada ou cun bico.
A cotinuación recollo os blog finalistas. Parabéns a todos e moita sorte.

  
BLOGS DE MAESTROS Y MAESTRAS, PROFESORES Y PROFESORAS: Ángeles y demonios de 5º , Así lo contamos… desde Velilla, Aula de Lengua y Literatura, AulaTic Terra de Ferrol, Blogotero , Clases de lengua , Con lápiz y teclas, Creación literaria y más… en 5º y 6º de Primaria, El blog de nuestra clase, El Blog de Quinto Pradera, El Blog de Sexto Pradera, El enigma de las letras, En pie de Lengua 1, Estem Plasticant, Lazos miscienciassociales2eso, Our English Corner’s Blog, Plásticamente Plastinglish, Recursos Geográficos , TecnoBlog.
BLOGS DE MAESTROS Y MAESTRAS DE INFANTIL: Aula Caracol Luis Cernuda, El Blog de la profe Marta, El Racó de l’Infant, El Rinconcito de Infantil Infantil con Gema.,Colegio Santa Ana Caspe,La clase de Miren, Los peques de Sara, Ninoinfantil ,Os Pícaros de Vane , p3gregorimayans2012 Soñando sonrisas… 

BLOGS DE REFLEXIÓN EDUCATIVA: Carbonilla, [e-aprendizaje] , Educar como alternativa , El blog de Jacobo Calvo, El blog de Miguel Ángel García Guerra , El Blog del Sr. Ruiz , English Elda , Iniciatives Educatives InEdu, La Paraula Vola, Lenguaraz, MatemáTICas: 1,1,2,3,5,8,13,… ,Plan Lingüístico Intercentros, ¿QuÉduQuÉ-QuÉduCuándo?.

BLOGS DE RECURSOS EDUCATIVOS APRENDOTIC: Blog de aula de Tic Aula PT, Blog de recursos para la elaboración de adaptaciones curriculares, Doremi Musika Bizi!!!, Educació i les TIC, Empresa i Màrqueting, Filonexos, Galitic, La eduteca, La mirada especial, Lecturas PREZIpitadas para chicos impacientes, Moedas para Caronte, PTYAL, Yoexpongo.

BLOGS COLECTIVOS DE MAESTROS Y MAESTRAS, PROFESORES Y PROFESORAS: Artecuento 2, CanTilles, Ciber-Genética, Hoja 34, La Despensa de Leonardo , La peonza viajera ,Leer + escribir ,Los textos de uso social, Solcapin.

BLOGS DE CENTROS EDUCATIVOS: 7ciències, ALLÔ!, Blog del Departamento de Inglés, IES Arquitecto Ventura Rodríguez, CNXARC, Escola Jacint Verdaguer La Granada, Primary English, Sámara.

BLOGS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: A Quinta dos libros, Bibliomanies , bibliotecadonalvaro, Bloguesquio, Diario de la biblioteca, El Blog de la Biblio.

BLOGS DE ASOCIACIONES DE FAMILIAS: AMPA CEIP Federico Garcia Sanchiz, AMPA CEIP Guillem d’Entença, AMPA Escola el Vinyet, AMPA Pinediques De Taradell Bloc ,AFA Escola Provençals: “Ets de l’AFA”.

BLOGS DE ALUMNOS DE PRIMARIA: 3º B Primaria Mª Santos, Blog de alumn@s del tercer ciclo de primaria, El búho Anacleto, estofurrula, Guacamole amb creïlles, Llenguatics.,L’aula TIC de llengua i literatura catalana. Los Diablillos de 5º . PractiCole. Somos AcTICvos .Ticotazos. Blog de aula.
BLOGS DE ALUMNOS DE ESO: Libro Virtual de Castellano hecho por los alumnos de 2º de ESO del INS Alella, Los primeros de la cierva, Música Selvatge 2 , Periódico Digital ,Aldaba Planeta Tercero B, Ticnados.

BLOGS DE ALUMNOS DE BACHILLERATO: Eolapaz3 ill, ARgonauta Proyecto Nautilus, Tecnoblogueando.

BLOGS DE ALUMNOS DE FP: Animación y Marketing en el Punto de Venta, Chispa’s Celtics ,  LOS ESpcpieALISTAS.

BLOGS DE ALUMNOS DE ADULTOS – UNIVERSIDAD – EOI Categoría desierta.

miércoles, 17 de abril de 2013

BOAS PRÁCTICAS IBEROAMERICANAS AO PROXECTO COLABORATIVO INTERNACIONAL LIBRO VIRTUAL GLORIA FUERTES

Preme se queres acceder á nova

Este mes de abril, concedéronlle o premio ás Boas Prácticas Iberoamericanas na modalidade de traballos de colaboración entre centros  ao proxecto do cal formamos parte durante este curso escolar, Proyecto Colaborativo Internacional Libro Virtual Gloria Fuertes.

Coma sempre unha honra poder participar desta actividade e compartir e aprender cos mestres e mestras e como non co alumnado sobre a figura de Gloria Fuertes. Recordar a coordinadora do proxecto, Lourdes Giraldo, sen a aquel esta iniciativa non se tería posto en marcha. Grazas Lourdes.

No lateral dereito, na etiqueta Proxectos Colaborativos, atoparedes o traballo que estamos realizando referido a esta autora.

lunes, 7 de febrero de 2011

ENTREGA DOS PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA



Este luns 7 de febreiro celebrouse en Santiago de Compostela ás 11.30 da mañá o acto de entrega dos Premios á Innovación Educativa, presidido pola Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús vázquez Abad. Nesta xornada o director do centro Celso Viéitez e máis eu fomos os encargados de recoller a acreditación correspondente. Podedes ler a nova no portal da Consellería.

De novo, reiterar os meus parabéns para todos os cativos que participaron no proxecto e para as súas familias. E tamén, como non pode ser doutro xeito, noraboa a todos os premiados e premiadas.

martes, 28 de diciembre de 2010

3º PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA 2010


Un ano máis, os picariños estamos moi contentos, xa que vimos de acadar o terceiro premio á innovación educativa na Modalidade B: Introdución das competencias na aula dixital na categoría de educación infantil/ primaria, co traballo que desenvolvemos no curso pasado Entramos en erupción!!! con 21 picariños de 5 anos (agora na 1º Educación Primaria). Dita resolución atópase publicada no DOGA do 28 de Decembro.

Simplemente felicitar a todos, aos nenos polo traballo desenvolto, ás familias pola colaboración tanto de material, pola boa disposicións, pola colaboración na confeccicón dos volcáns, e ao equipo directivo por permitirme e apoiarme un ano máis a desenvolver a miña labor como mestra.

PARABÉN PARA TODOS E TODAS


martes, 22 de diciembre de 2009

TERCER PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA


Os Picariños estamos de noraboa, xa que vimos de acadar o terceiro premio de innovación educativa, publicado no DOGA do 18 de decembro. O traballo premiado titúlase Pequenos/as científicos/as na cociña e foi desenvolvido de xeito simultáneo en tres centros de Galicia: un centro da nosa comarca o CEIP Nosa Señora das Dores, outro en Arca do Pino (desenvolto pola mestra Beatriz Vives Campos, CPI Camiño de Santiago) e un terceiro en Noia (Desenvolto pola mestra Vanessa Quintián Agrafojo, CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso).
Esta proposta diddáctica levaouse a cabo no curso pasado cos cativos e cativas de 4 e 5 anos. Con ela pretendiamos achegar os alumnos e alumnas á ciencia, e brindarlles a oportunidade de xogar e asombrarse cos obxectos da vida cotiá. O traballo está composto por un receitario, no cal aparecen todas e cada unha das experiencias desenvoltas, e tamén un libro de científicos famosos, onde os cativos caricaturizaron e recolleron os aspectos máis descables de figuras como Einstein, Pasteur, Marie Curie...... .
Grazas a todos e a todas, papás, mamás, avós, avoas... polo voso interese e pola vosa constancia, e sobre todo grazas a Ana, Hugo, Fátima, Teba, Rubén, Mirian, Jesús, Rocío, Candela, Inés, Diana, Santi, Brais e Adrián Soto, xa que vós sodes os verdadeiros protagonistas desta historia.

domingo, 19 de abril de 2009

PEMIO AO COMPROMISO EDUCATIVO

Moitas grazas Patri, por concedernos este premio tan especial ao compromiso educativo. Con el prémiase e recoñécese públicamente a aqueles blogs(de pais,profesionais e centros educativos),que día a día están demostrando o seu compromiso coa educación, dito premio foi creado polo blog loquelegustaamishijas.Este premio quere recoñcer e dar valor a:
1.-O compromiso por unha educación de calidade.
2.-Aposta por unha inclusión das Tics na aula.
3.-O esforzo das familias,profesionais e centros educativos por incorporar as Tics ó proceso educativo.
4.-A loita por defender a través do ensino valores como:solidaridade,amor,cariño,respeto,esforzo,axuda,apoio,compartir e compromiso co futuro dos noso alumnado.
5.-Recoñecer e valorar o esforzo das familias,pofesionais e centros educativos por integrar de forma efectiva nos coles e na sociedade aos nenos e nenas especiais,procurándolles toneladas de amor e posibilitándolles tódolos recursos ao noso alcance.
As normas do premio son:
-Publicar entrada cos obxectivos do premio e enlace http://www.loquelegustaamishijas.com/
-Publicar na entrada lista de blogs ós que entregamos o premio.
-Comunicar a cada blog premiado a concesión do premio.
Os abaixo premiados podedes repatir este premio a aqueles blogs que consideredes que están traballando nesta línea:

viernes, 6 de marzo de 2009

O TESOURO AGOCHADO: A PATACA


Baixo este título preséntase unha secuencia didáctica premiada na convocatoria realizada de forma conxunta pola Dirección Xeral de Saúde Pública e Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa. Da man de Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa descubriredes un gran tesouro dentro da nosa alimentación: a pataca. Se queredes acceder a esta e a outras experiencias podedes descargar o libro Medrando Sans de bocado en bocado... de xogo en xogo. Experiencias de aula.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS