Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?
Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas

viernes, 31 de enero de 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Mateo e Valeria asinan na pomba da Paz

Esta semana festexamos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Para que o alumnado comprenda  a súa importancia dentro do noso contexto empregamos diferentes actividades, entre outras destacar a elaboración dun Abecedario Internacional da Paz (actividade promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca). 

Hoxe, é como actividade final, gozamos dunha xornada completa de actividades revindicativas en pro dun mundo mellor: reparto de bicos de cores polos alumnos de 3 anos, lectura do conto "Por cuatro esquinitas de nada" , alumnos de 3º, recitado dos alumnos de 4 e 5 anos, actuación dos nenos e nenas de 4º dunha peza titulada "What a wonderful World" , entre todos cantámoslle (Que vivan a paz e o amor) e firmamos pola Paz. 

Para que poidades ollar o que fixemos, e o ben que cantamos, recomendámosvos visitedes o blog da biblioteca e o de Normalización Lingüística




miércoles, 30 de enero de 2013

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA



Que mellor maneira de conmemorar esta data que cantando, recitando, investigando e comendo. Como podedes imaxinar unha tarde moi, pero que moi completa. 

Agora ben, unha das actividades máis espectaculares, polo menos dende a miña opinión, foi a posta en escea que o alumnado do centro nos ofreceu na actuación conxunta.

Co profe Toño á cabeza interpretaron unha adaptación da poesía "Solo tres letras" de Gloria Fuertes cunha coreografía de percusión con palillos (adaptación dunha proposta de Susa Herrera, profesora de maxisterio de Pontevedra).

Noraboa a todos os implicados, mestres e alumnos. A  verdade e que a pesares da complicación da peza o fixestes xenial. 

martes, 29 de enero de 2013

LIM: NEGROS E BRANCOS


Que non coñecedes o conto Negros e Brancos de David McKee?. 
Pois iso non pode ser, deixámosvos unha actividade LIM proposta por Julia, e recollida do blog de Actividades LIM.


domingo, 12 de febrero de 2012

RECETA DA PAZ

 

As receitas están a ser moi importantes neste curso, por iso, nesta ocasión, quixemos facer unha receita moi, pero que moi especial, e decidimos facernos a  seguinte cuestión, que precisaríamos para a receta da paz?

A resposta foi unánime: INGREDIENTES, pero, cales?

Uxía: moitos abrazosPAZINERO

Rocío: millóns de besos

Alicia: caricias

Pablo: moitasssss

Rocío: mimos

María: moitos máis besos

Rubén: muchos más abrazos

Carla: muchos más abrazos

Rocío: necesitamos estar contentos

Marcos: moi contentos

….

A nosa conversa continuou, e todos estivemos de acordo que para  a nosa receita da paz precisabamos os seguintes ingredientes:

- Millones de abrazos

- Catro millóns de besos

-Sete caricias

- Cincuenta mil oito mimos

- E sobre todo, estar contento todas as semanas

Preparación:

Xuntamos todos os ingredientes, mesturamos, amasamos e batemos. Botámoslle un pouco de nata e listo para tomar.

vladstudio_black_cat_white_cat_color1_1280x1024_signed

sábado, 11 de febrero de 2012

ABRAZOS GRATIS

P1090242O pasado venres 2 de febreiro, celebramos no colexio o Día Escolar e da Non Violencia. A aula de catro anos quixo festexar este día regalando abrazos. E así foi como o fixemos, confeccionamos uns cartaces alusivos e recorremos o cole esperando eses tan desexados abrazos.

P1090258

 

 

 

 

 

 

 

 

P1090260

 

 

 

 

 

 

 

P1090253

Pero esta idea, non xurdiu da nada, na plataforma you tube atoparedes videos alusivos a esta acción tan bonita.

viernes, 28 de enero de 2011

ABECEDARIO DA PAZ


Os pícaros decidimos confeccionar un abecedario da Paz para conmemorar o Día da Paz e Non violencia. Para iso utilizamos as imaxes dos cativos e cativas e a canción de Macaco "Mensajes de agua", xa que como ben di a letra "SOMOS UNA MAREA DE GENTE REMANDO AL MISMO COMPÁS". Espero que todos e todas gocedes co noso video e de xeito especial as nosas familias.

miércoles, 3 de febrero de 2010

OS PICARIÑOS QUEREMOS Á PAZ


O venres 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz e non violencia no noso colexio.Este ano os Picariños quixemos celebrar este día con dúas actividades. A primeira realizámola o xoves desa semana e foi a confección dun caligrama partindo de palabras que lles fomos roubando aos profes e aos nosos compañeiros. Os cativos e cativas sairon aos patios atavíados cun lápis e papel e trouxeron moitas palabras. Das moitas que tiñan, escollían unha que despois plasmaron neste caligrama.

A maiores e dado que estamos a traballar ao longo deste trimestre coa arte, e en concreto con Picasso, unha das figuras máis representativas do cubismo decidimos reproducir unha das pobras de Picasso: Guernica e reconvertila nun cadro moito máis vivo e cheo de cores.Estará exposto no panel de fóra da clase.

A maiores, o venres festexamos a Paz cantando e confeccionando unha pequena paloma a modo de chapa, pin. Foi un día diferente, onde quixemos destacar valores tan importantes nas nosas vidas como amizade, compañeirismo, tolerancia, cooperación..... .

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS