BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!
Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS. Mostrar todas las entradas

30/1/12

FACENDO INVENTARIOS

Levamos uns días traballando cos "inventarios", sí, sí, cos inventarios. Estamos inventariando: cousas que temos na clase, na casa, nenos e nenas que hai nas diferentes aulas, cousas que hai no patio... Así que para facer certos inventarios, temos que sair da nosa aula e pescudar. Así por exemplo, o venres fomos polas clases, tentando averiguar cantos nenos e nenas había nas clases, sen que nos dixeran os profes o número. E... que fixemos? ir aos paneis da asemblea (casiña e escola) e contar os que había en total. Así foi como descubrimos todas as cousas que estamos inventariando, CONTANDO.


 Non nos criades, verdade? Pois xa vedes que sí, sabemos facer inventarios.

16/1/12

XOGAMOS AO BINGO!!!

Hoxe, moitos compis deberon estar enfermiños pois só viñemos 7 ao cole.
Nós aproveitamos como cada luns o tempo para ir facendo o noso diario da fin de semana, e tamén aproveitamos a xogar en grupo cun novo xogo que a partir de hoxe estará no recanto matemático: o bingo. Pois sí, hoxe repatimos cartóns, xiramos o bombo, sacamos as bolas, e "lendo os números" (sabendo cal ía primeiro, cal despois...) iamos cumplimentando o noso cartón. Logo miramos cantos números premiados tiñamos cada un, e por último o plasmamos no papel (cada un os seus acertos particulares). Pasámolo moi ben, e agora, cando vaiamos ao recanto matemático xa temos un novo xogo co que aprender un montón de cousas, sobre todo... números!!!!



 

26/11/11

CONCURSO DE NÚMEROS

 Ou tamén lle poderiamos chamar "Dictado numérico" pero para dar motivación, nós xogamos a participar nun concurso de números. Pouco a pouco xa nos imos familiarizando coa escritura das letras e dos números. E con este concurso traballamos tamén a importancia de colaborar e compartir, pois cada número que dicía o tiñan que escribir dunha cor diferente, e só tiñan un rotulador, así que tocaba TROCAR cos compañeiros, ata que cada un tivese outra cor.
Pasámolo moi ben, seguramente repetiremos a experiencia máis adiante e todos o faremos moi moi ben.

Probade na casa a facelo:
- Folio en branco
- Dicirlle números (apuntalos nun papel para non esquecerse de cales foron).
- Ao final, comprobar en cantos acertou a súa escritura.
(Tamén se poden facer concurso-dictados de: cores, letras, palabras, formas, nomes...)


22/11/11

OBRADOIRO DE ESTIMULACÍÓN DA LINGUAXE

Onte fixemos o obradoiro de estimulación da linguaxe, e tocou facer unha "autopista espacial". Nela, os coches tamén eran especiais (bolas de papel, e máis tarde plumiñas) porque funcionaban cun combustible moi raro: o aire.
 Así, por parellas, xogamos a soplar facendo carreiras cos nosos coches ata chegar á meta.
Pasámolo moi ben!!! Podedes probar na casa, é moi divertido!!!

 

19/11/11

A ASEMBLEA DA TEA DE ARAÑA

Xa había moito tempo que non faciamos a asemblea da tea de araña, e esta semana tocou lembrala. Temos que ir falando segundo os compañeir@s nos mandan o "ovillo" de lá. Despois, ao tempo que falamos, imos enganchando o noso dedo con lá para que non se desfaga a tea de araña cando lla pasemos aos compis.
O xogo consiste en estar moi, moi atent@s, pois ao final para desfacer a tea, temos que dicir o que dixo o compañeir@ anterior.
Mentres esperan a que lles manden a lá para poder ter a quenda de palabra, todos están moi atent@s.

FACEMOS PULSEIRAS PERSONALIZADAS COS NOSOS NOMES

Unha das cousas que máis nos gustou do que fixemos ao longo da semana, foi escribir con "contas", unhas contas cadradas con letras, que nos permiten xogar a compoñer nomes, escribir palabras e frases, facer series... todo o que se nos ocorra!!! Pero o primeiro día que estreamos o material, como non, quixemos facer unhas pulseiras e levalas para a nosa clase.
Este era o material (por certo, utilizamos medias gomas de cartafois vellos para meter as contas, e que non se escaparan... logo cambiamolas para outra goma para levalas pulseiras para a casa, así podemos seguir utilizando as outras para "xogar a escribir").
 
 Así xogamos a buscar as letras dos nosos nomes...


21/10/11

DA HABANA CHEGOU UN BARCO CARGADO DE...

Cousas que empecen pola letra "S", por exemplo.
Seguro que a moitos vos sona este barco (poster da revista Maestr@ Infantil) e que eu xa teño utilizado en varias clases para poñer as fotos do grupo clase, ir marcando os encargad@s de cada día... A semana pasada leveino para o cole sen ter moi claro para que, e aos nen@s gustáballes moito velo alí. Dicían que estaba o Capitán Cara de Pan, un pirata que coñecemos o ano pasado facendo un xogo.
Hoxe na asemblea ocorreuseme unha idea, pois moitas veces traballamos vocabulario, e con letras para sacar palabras que conteñan unha ou outra letra, relacionalas cos nomes dos neno@s da clase, etc. Así que... mans á obra e despois do noso faladoiro matinal, puxémonos a xogar a "De la Habana ha venido un barco cargado de..." e estreámonos sacando unha letra dun sobre (tocou o "S") e entre todos fomos dicindo palabras que contiñan esa letra. Logo a cada un lle din un anaquiño de folio para que debuxara a súa palabra, e logo a escribira. Despois fomos montando a carga no noso barco.
Preparei tamén tarxetiñas para xogar dicindo cousas dunha determinada cor, forma, ou tipo (cousas grandes, pequenas, largas, curtas, duras, brandas...)
Así, xogando, traballaremos un montón de cousas: conceptos, vocabulario, características dos obxectos, grafomotricidade, lectoescritura...

Animádesvos a facer un?

26/9/11

A CAIXA MÁXICA DAS PALABRAS

Ás veces aproveitamos calquera disculpa para crear un conto, e hoxe a que se nos ocorreu foi a de utilizar "a caixa máxica das palabras" que non era outra cousa que unha caixiña (bote de mascarilla capilar, jeje, viva o reciclaxe)que dentro contiña pós máxicos (purpurina dourada) e por fóra unhas estreliñas brillantes.
 
Como funcionaba? Moi sinxelo! O que tiña a caixiña (que a agarraba con moitísimo coidado, pois era máxica) comezaba a crear un conto, e a caixa íase pasando aos compañeir@s dándolles así a súa quenda. Finalmente, entre todos construimos unha historia.



Esta vez foi a historia dun paxaro, que resultou ser finalmente un paporroibo que collía cartos pola rúa, os gardaba nun peto... e non sei cantas cousas máis. Cando o teñamos montado, xa vo-lo ensinamos.
Por certo... alguén se decatou que ao finalizar a historia a caixa xa non tiña ninguna estrela? jeje.  Cada un se ía quedando con unha, debía de ser para quedarse co seu poder máxico!!!!!

25/9/11

OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Na asemblea aproveitamos a facer moitas cousas pois nese momento estamos tod@s ben espert@s, xuntos, e a nosa disposición espacial préstase para que fagamos moitas cousiñas.
Dous días á semana, aproveitaremos un ratiño da asemblea para facer "estimulación da linguaxe". Xa sei que traballando oralmente xa tódolos días o facemos, pero neste caso trátase de traballar con exercicios e materiais propios para que os nen@s con máis problemas melloren na pronunciación dos fonemas que non articulan ben, aínda que o faremos a modo de xogos de grupo.
Neste obradoiro faremos xogos de sopro, onomatopeais, praxias bucofaciais, etc.
Algúns dos xogos que fixemos estes días foron: soplar unhas pelotas de ping pong pola clase intentando metelas nunha caixiña (que eu ía movendo constantemente de lugar) sen tocar as pelotas coas mans.
 

Tamén fixemos praxias xogando a imitar unhas tarxetiñas...
 
 
 

Eu facía pompas de xabón e os peques tiñan que tentar soplalas levándoas cara o outro lado da clase sen que estouparan, levantándoas só co seu sopro...

XOGANDO COAS LETRAS E OS SONS

Outro xogo que fixemos, sobre todo para lembrar en que punto estabamos (despois da desconexión do verán na que moitos esqueceron ata como se escribe o seu nome), foi o de dicir palabras que comecen pola letra...
Entón ao final dunha asemblea, aproveitando que tod@s estamos xuntos e despert@s, eu dividín un pequeno encerado branco en distintas casiñas numeradas. Entón... eu preguntaba, que palabras sabedes que empecen pola letra ... T, por exemplo? Os nen@s ían dicindo palabras eo primeiro saía a escribir a súa palabra.
Outra variante que fixemos foi que eu comezaba moi lentamente a debuxar cousas, e o que adiviñara que era ese debuxo saía a asinar na casiña correspondente, e así ía xuntando tantos puntos como sinaturas (repasando a escritura do nome, e fixándonos entre todos nos nomes dos compis).
Aquí vos deixo as imaxes para que vos fagades unha idea, e a ver se se vos ocorren máis cousiñas e no-las contades, vale?

Seguro que se poden facer un montón de cousas cos encerados e os nen@s!!! Seguiremos pescudando!!!

16/6/11

SABIADES QUE O TANGRAM É UN XOGO CHINÉS?

 Pois sí, este xogo que seguro que todos coñecedes procede de China, e de hai moitos anos atrás. Consiste en formar diferentes figuras a partires de 7 pezas que na súa posición orixinal compoñen un cadrado.
Se mirades na wikipedia podedes ver a súa orixe. Clicade AQUÍ.
 E aquí poderedes descargar o voso propio Tamgram para logo imprimilo, colorealo, recortalo e... comezar a xogar!!! tamén vos deixamos un montón de ideas das figuras que poderedes construir, hai miles!!!
Algunhas das figuriñas que se poden facer co tangram:

 








A que esperades? facede o voso e comezade a xogar!!!

 
poemas de amor