Mostrando entradas con la etiqueta ARTE. Mostrar todas las entradas

15/1/12
ARTE EN TODAS PARTES, ATA NAS MANS
Estaba buscando outra cousa, e topeime con estas obras de arte de "pintura nas mans".
Seguro que aos peques lles encantan, así que... seguro. seguro que faremos algún xogo con estas imaxes tan artísticas, e por suposto... "xogaremos a pensar" con elas.
30/10/11
OS CADROS QUE FIXEMOS
No recanto dos artistas, como xa vos dixemos, son de soles, martes, lúas... bueno, todo iso é o que nós pensamos que son, porque en realidade son representacions feitas a partir da obra "Vuelo de Pájaros" de Joan Miró.
Mirade algúns dos que fixemos...
Que vos parecen? Nada que envexar ao do propio artista verdade?

Etiquetas:
APRENDENDO CON MARCI,
ARTE,
CURSO 2011-2012,
PLANETAS,
RECUNCHOS
27/2/11
COPIAMOS A WASSILY KANDINSKY
19/2/11
O NOSO MUSEO
Sabiades que estamos facendo un museo na entrada de infantil? Pois sí, agora teremos que poñer un vixiante de seguridade ou algo, porque con tan valiosas obras de arte... quen sabe!
mirade de momento te´mos pouquiñas obras, porque aínda estamos montando a exposición, pero pouco a pouco se irá enchendo.
Como cada clase se necarga dun pintor concreto poderedes ver "copias" case case mellores que as do orixinal de Kandinsky, Botero, Dalí, Miró, Picasso ou de Andy Warhold.
Que vos parecen?

27/1/11
ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ESTIVEMOS FACENDO
Por problemas técnicos co ordenador... a profe non pode actualizar o blogue todo o que quixera, pero... non pensedes que non estamos facendo cousas, eh!!!
Estes días estamos metidos de cheo no mundo de Kandinsky, polo que estivemos traballando con algunhas das súas obras...
E tamén falamos dos sentimentos e as emocións, para o cal partimos da "lectura visual" de tres obras de arte ben coñecidas de Kandinsky, Klimt e Munch:
Tamén traballamos cos sensos, coa vista, co olfato... mirade ben como ulimos tentando distinguir o olor a amorodo do olor a canela, o eucalipto ou o coco...
Temos tamén unha nova tarefa para os encargad@s e é que temos un calendario, no que imos rodeando cada día o número correspondente, familiarizándonos así cos números, e podendo facer contas de cantos días quedan para algún festexo, para a fin de semana... ou cantos días levamos de semana, entre outras cousas.
Estes días estamos metidos de cheo no mundo de Kandinsky, polo que estivemos traballando con algunhas das súas obras...
E tamén falamos dos sentimentos e as emocións, para o cal partimos da "lectura visual" de tres obras de arte ben coñecidas de Kandinsky, Klimt e Munch:
"El grito" de Munch
"El beso" de Gustav Klimt
"Pair to horse" Kandinsky
Algunhas das cousiñas que fixemos foi crear obras a partir de láminas en blanco e negro de kandinsky que nós fomos cambiando picando elementos, facendo tipo vidriera con papel celofán... fixemos un quebracabezas e un maletín para gardar o xogo despois de utilizalo con esta obra:Tamén traballamos cos sensos, coa vista, co olfato... mirade ben como ulimos tentando distinguir o olor a amorodo do olor a canela, o eucalipto ou o coco...
Temos tamén unha nova tarefa para os encargad@s e é que temos un calendario, no que imos rodeando cada día o número correspondente, familiarizándonos así cos números, e podendo facer contas de cantos días quedan para algún festexo, para a fin de semana... ou cantos días levamos de semana, entre outras cousas.
23/1/11
COUSIÑAS COA ARTE
Na nosa aventura de axudar a Margarita... rematamos metidos de cheo no mundo dos museos e das obras de arte, e agora cada clase está investigando un autor concreto, e nós adicámonos a WASSILLY KANDINSKY, que ten un montón de obras, e cada cal nos gusta máis.
Mirade un exemplo dalgunhas das súas obras:
E entre as cousas que fixemos está un quebracabezas cun dos seus cadros.
Para iso tivemos que picar, e tamén poñerlle o nome ás tres pezas, e agora cada un está facendo o seu maletinciño para gardalo. Estanos quedando moi chuli!!!!

17/11/10
QUE É UN MUSEO?
Onte fomos á clase de 3 anos A e alí vimos un vídeo no que nos falaba Margarita, e nos dicía que... aínda que de día ela e a súa familia o pasaban moi ben escoitando e vendo as nosas historias, pola noite se aburren un pouco porque eles estaban acostumados a vivir nun museo, e alí sempre hai xente, ata polas noites.
Entón nos preguntaba que poderíamos facer para que non se aburrisen tanto... pero... o primeiro que tivemos que facer foi pensar que sería un museo!!!! e despois vimos un conto que nos fala dun museo e nos amosa algúns cadros, entre eles, o de Margarita e a súa familia.
Seguiremos vendo máis e máis museos e a ver se se nos ocorre algunha idea para que a súa vida no cole se pareza á súa vida anterior.
A alguén se lle ocorre algunha idea?

12/11/10
A ESTE CADRO FÁLTALLE ALGO
O outro día estivemos traballando o cadro da familia de Margarita, ou sexa... o cadro das Meninas. E para iso, cada un lle deu cor ao seu gusto, pero... no cadro faltaba algo, o can. Por iso, tivemos que pintalo, recortalo e pegalo no lugar correspondente. Ao final quedaron uns cadros que nada teñen que envexar ao do propio Velázquez.
4/11/10
31/10/10
QUEN COÑECE A MARGARITA?
O venres fomos xunto coa clase de Ana á biblioteca para ver un vídeo no EDI (encerado dixital interactivo) mentres os demais compañeiros/as tamén vían ese video nas súas aulas.
Resulta que hai uns días que temos un cadro no corredor dunha familia... algúns nenos/as xa se fixaran nel, pero... non sabiamos nada máis ao respecto.
Hai dous ou tres días que nese cadro hay unha parte tapada...
E no vídeo falábanos Margarita, unha nena que se perdera da súa familia e do seu can, e que claro... tiña moito medo!!!!
Tamén nos dicía que nos levamos unha roupa moi rara que non se parece en nada á que leva ela nin a súa familia... e pideunos axuda para que lle axudemos a atopalos e que non esté soa e perdida.
Así que... saimos da biblioteca coas nosas "gafas máxicas" en busca da súa familia e o can... e mirade que rápido nos demos conta de que se trataba!!!!
Agora poñerémos a investigar tamén sobre este tema claro, que familia é? quen pintou o cadro? todo iso... xa sabedes que cando nos poñemos os peques a investigar non hai fin, pois todo é interesante!!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)