A localidade de Planken posúe un pequeno tranvía que opera todos os días. Tamén se pode empregar a bicicleta, xa que hai un carril para transeúntes, un para bicicletas e un para os coches. O terceiro transporte máis usado é o autobús que enlaza Planken con cidades como Ruggell, Balzers ou Schaan, entre outras. Para rematar, destaca o uso do automóbil e do tren, aínda que a estación máis próxima estea en Schaan.
O pobo de Planken anima ao FC Schaan, do veciño municipio homónimo. Aínda así, a cidade tivo un equipo de fútbol que desapareceu logo dun ano da súa creación. Con todo, Planken ten un dos mellores clubs de wáter-polo do país. Outros deportes moi practicado na localidade son a natación, o hóckey e os deportes de inverno. Ademais, en Planken atópase unha das mellores estacións de esquí de Liechtenstein.