Saltar ao contido

Meaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Meaño
 Nome oficial
    Meaño (gl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
5.398 (2001) rexistro civil
5.384 (2002) rexistro civil
5.489 (2004) rexistro civil
5.478 (2005) rexistro civil
5.494 (2006) rexistro civil
5.479 (2007) rexistro civil
5.475 (2008) rexistro civil
5.465 (2009) rexistro civil
5.455 (2010) rexistro civil
5.444 (2011) rexistro civil
5.453 (2012) rexistro civil
5.421 (2013) rexistro civil
5.428 (2014) rexistro civil
5.382 (2015) rexistro civil
5.341 (2016) rexistro civil
5.318 (2017) rexistro civil
5.315 (2018) rexistro civil
5.272 (2019) rexistro civil
5.322 (2020) rexistro civil
5.314 (2021) rexistro civil
5.292 (2022) rexistro civil
5.258 (2023) rexistro civil
5.264 (2024) rexistro civil
5.235 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
2.702 (2019)
2.689 (2025) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
2.570 (2019)
2.546 (2025) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   28 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal36967 Editar o valor en Wikidata
Código INE36027 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap346273 Editar o valor en Wikidata
VIAF882144783107985828696 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09k5p7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 150700 Galiciana: 29513 BNE: XX460397
Wikidata G:Commons C:Commons

Meaño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meañés».

Poboación

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno5200525053005350540054505500200020052010201520202025MeañoEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Segundo datos do IGE, tiña 5.235 habitantes no ano 2025, dos que 2.689 eran mulleres e 2.546 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2016, cando tiña 5.341 veciños, e 2010, cando eran 5.455.

Censo total 2014 5.428 habitantes
Menores de 15 anos 783 (14.42 %)
Entre 15 e 64 anos 3 472 (63.96 %)
Maiores de 65 anos 1 173 (21.61 %)
Evolución da poboación de Meaño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
4.149 4.519 5.048 5.801 5.489 5.465 5.444 5.453 5.421 5.428 5.382 5.341
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Situación

[editar | editar a fonte]

O concello está encravado en pleno corazón da comarca do Salnés, aberto na súa parte baixa á ría de Arousa. Limita ó norte co concello de Ribadumia, ó sur con Sanxenxo, ó leste con Meis e Poio, e ó oeste con Sanxenxo, Cambados e a Ría de Arousa.

Os seus 28 km² de extensión albergan unha poboación de 5.235 habitantes, distribuídos en pequenos núcleos que configuran as sete parroquias que forman o concello, sendo Dena a máis densamente poboada (con 2 248 habitantes, a metade da poboación do concello) e a única en contacto co mar.

O concello está atravesado pola Autovía do Salnés, AG -41 (antes Vía Rápida VG-4.1), pola estrada comarcal C-550, de VilagarcíaO Grove, e polo enlace desta con Sanxenxo, estrada Noalla - Caldas de Reis e outras estradas locais.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O relevo está configurado por dúas unidades: unha pequena dorsal montañosa, que se estende ao leste do concello, prolongación surocidental do Castrove, onde se alcanzan altitudes non superiores aos 400 metros (Fontefría 396, Montemaior 280 e Chan de Lores 271); e ampla chaira salpicada dalgúns soutos ou outeiros duns 100 metros de altitude. O reborde montañoso elevado é un bloque levantado pola tectónica, ao mesmo tempo que a parte máis baixa e chá, unha depresión formada a consecuencia do afundimento deste sector respecto ao primeiro. Este amplo val foi posteriormente recuberto por fértiles depósitos aluviais, sobre os que se instalou, sen apenas encaixarse, a rede fluvial. Son pequenos cursos de auga, destacando o río da Chanca, que nace nas fontes de Fontefría e Montemaior.

A ausencia de barreiras topográficas aos ventos húmidos dominantes do SO, propicia que se recollan importantes precipitacións, que presentan un acusado máximo a finais do outono e principios do inverno e un mínimo estival. As temperaturas medias invernais son suaves, en torno aos 10 °C, e as estivais cálidas (20 °C).

A principal actividade económica de Meaño é a agricultura. As condicións climáticas, litolóxicas e topográficas determinan o enorme potencial e fertilidade dos seus solos, sobre todo para cultivos intensivos de horta cunha clara orientación comercial; neste senso nos últimos anos aumentou moito a superficie cultivada baixo teito (invernadoiros), así como as hectáreas dedicadas a cultivos como o kiwi. Mención á parte merece o viñedo, que experimentou unha profunda transformación, tanto na mellora das variedades de vide (hoxe dominan amplamente as de albariño e caíño), como nas técnicas de enmarcado e manexo das explotacións vitivinícolas, que propiciou a aparición de importantes empresas no sector. A variedade de Albariño, encadrada na Denominación de Orixe Rías Baixas, logrou varios premios internacionais, dando fama e renome aos brancos aromáticos, afrutados e xoves caldos do val do Salnés. No concello formouse a Agrupación de Colleiteiros do Salnés.

Meaño permite gozar da tranquilidade e o descanso a poucos quilómetros dos restantes concellos da bisbarra. Cara ao interior atopamos os concellos de Ribadumia e Meis, onde se sitúa o campo de golf e o Mosteiro da Armenteira.

Seguindo a costa da Ría de Arousa cara ao norte pode visitarse Cambados, magnífica mostra da arquitectura señorial galega, Vilanova, A Illa e Vilagarcía.

Cara ao sur, na Ría de Pontevedra, o concello de Sanxenxo reúne un gran número de areais a poucos minutos de Meaño. Entrambas rías, a través do istmo da Lanzada, entramos no concello do Grove.

A parroquia máis turística é Dena e tamén a máis importante do concello de Meaño, pois ela soa ten máis habitantes que as outras seis parroquias xuntas. Conta cunha boa e desenvolvida industria e boa conectividade para o resto das parroquias limítrofes. Tamén é a única parroquia do concello que dá ao mar, e dálle nome á entrada de auga que fai a desembocadura do río da Chanca, diante da illa da Toxa, entrada que se coñece co nome de Ría de Dena; esta peculiaridade fai a Dena moi distinta do resto do concello, onde normalmente a economía está concentrada na agricultura. Dena xa tiña, en tempos antigos, outra forma de sustentación dos seus poboadores, con telleiras, serradoiros, fábricas de ladrillos e outras actividades, como a pesca, o marisqueo etc. Hoxe, Dena vive moito do turismo pero a súa principal actividade é sen dúbida a industria de materiais de construción e unha imparábel oferta inmobiliaria

Patrimonio histórico e artístico

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa Parroquial de Santa Cristina de Covas.
  • Igrexa Parroquial de Santa María de Simes
  • Igrexa Parroquial de Santa Baia de Dena
  • Igrexa Parroquial de San Miguel de Lores
  • Igrexa Parroquial de San Martiño de Padrenda
  • Igrexa Parroquial de Santa Baia de Xil

Patrimonio etnográfico

[editar | editar a fonte]

Itinerarios e rutas

[editar | editar a fonte]
  • Ruta monumental: ruta turística visitando os principais monumentos arquitectónicos: igrexas, capelas e pazos.
  • Ruta dos miradoiros: visitando o miradoiro de San Cibrán de Covas, admirando as paisaxes desde o Chan de Lores, desde Monte Castrove e desde Fontefría.
  • Ruta dos muíños: Meaño conta cunha gran cantidade de muíños de auga, algúns restaurados. Esta ruta propón un percorrido por gran parte deles, gozando das paisaxes naturais que os arrodean. É unha ruta de sendeirismo.
  • Ruta do Viño: ruta pola bisbarra do Salnés, visitando cada un dos municipios que o conforman, nos que se pode degustar o viño da denominación de orixe Albariño.

Calendario de festas e romarías

[editar | editar a fonte]
  • Santo Amaro (Meaño): 15 de xaneiro
  • Romaría de San Brais (Simes): 3 de febreiro
  • San Bieito (Lores): 11 de xullo
  • San Bieito de Palermo (Covas): martes de Pascua
  • Santo Isidro Labrador (Meaño): 15 de maio
  • San Xoán (Meaño): 24 de xuño
  • Santa Cristina (Covas): 24 de xullo
  • Santa María (Simes): 15 de agosto
  • Nosa Señora dos Milagres (Meaño): 2º domingo de setembro
  • Nosa Señora das Angustias (Xil): 3º domingo de setembro
  • San Martiño (Padrenda): 11 de novembro
  • Santa Baia (Xil): 10 de decembro
  • Santa Lucía (Dena): 13 de decembro
  • Santa Baia (Dena): 14 de decembro

Eventos populares

[editar | editar a fonte]
  • Festival de Bandas de Música (Meaño): último domingo de abril
  • Carreira Popular (Meaño): 2º domingo de setembro
  • Carreira de camas sobre rodas (Meaño): 2º domingo de setembro
  • Festival de Baile Rexional (Meaño): 2º domingo de setembro
[editar | editar a fonte]
  • Lévame de eiquí pra Goubes,/ miña cariña de rosa;/ lévame de eiquí pra Covas/ que esta terra non é nosa [1].
  • San Vicente de Padrenda/ ten unha rosa na man/ que lla mandou de regalo/ San Clemenzo de Sisán [2].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Meaño.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meaño

Covas (Santa Cristina) | Dena (Santa Baia) | Lores (San Miguel) | Meaño (San Xoán) | Padrenda (San Martiño) | Simes (Santa María) | Xil (Santa Baia)

Lugares de Meaño

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meaño vexa: Lugares de Meaño.

  1. Fermín Bouza Brey 1929, 193. No orixinal: Cobas. Santa Cristina de Covas é parroquia de Meaño pero Goubes (nin Gouves) non consta no Nomenclátor. A cantiga foi recollida en Meis.
  2. Fermín Bouza-Brey 1929, 183. Padrenda é parroquia de Meaño pero con advocación a San Martiño. San Clemenzo de Sisán é parroquia de Ribadumia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bouza Brey, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].

Outros artigos

[editar | editar a fonte]