Saltar ao contido

Rábade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rábade
 Nome oficial
Rábade (gl) dende 1950
San Vicente de Rábade (es) dende 1925 ata 1950 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe
Vista da vila
 Instancia de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
1925 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.601 (2001) rexistro civil
1.583 (2002) rexistro civil
1.630 (2004) rexistro civil
1.668 (2005) rexistro civil
1.668 (2006) rexistro civil
1.699 (2007) rexistro civil
1.718 (2008) rexistro civil
1.711 (2009) rexistro civil
1.723 (2010) rexistro civil
1.733 (2011) rexistro civil
1.674 (2012) rexistro civil
1.637 (2013) rexistro civil
1.604 (2014) rexistro civil
1.549 (2015) rexistro civil
1.521 (2016) rexistro civil
1.519 (2017) rexistro civil
1.501 (2018) rexistro civil
1.501 (2019) rexistro civil
1.505 (2020) rexistro civil
1.524 (2021) rexistro civil
1.503 (2022) rexistro civil
1.503 (2023) rexistro civil
1.499 (2024) rexistro civil
1.514 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   752 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   749 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   5,2 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   400 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal27370 Editar o valor en Wikidata
Código INE27056 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap345119 Editar o valor en Wikidata
VIAF316733241 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/027cx7f Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 174581 Galiciana: 29483 BNE: XX454053
Wikidata G:Commons C:Commons

Rábade é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1604 habitantes (1668 no 2006, 1668 no 2005, 1630 no 2004, 1626 no 2003).

Onomástica

[editar | editar a fonte]

O topónimo Rábade podería ter orixe no termo hispano-árabe rabaḍ, co significado de "barrio, suburbio", que deu tamén o termo arrabalde.[1] O xentilicio é «rabadés/esa» ou «rabadense».[2]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 1604 habitantes
Menores de 15 anos 171 (10,66 %)
Entre 15 e 64 anos 998 (62,22 %)
Maiores de 65 anos 435 (27,12 %)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Rábade está integrado na comarca de Lugo, no cuadrante nordés de Galicia. Situado a 13,5 km de Lugo, o concello limita cos de Begonte polo norte e oeste, e Outeiro de Rei polo leste e sur.

A súa reducida extensión territorial, de 5,2 km², correspóndese con tan só un 0,41 % da comarca, sendo o segundo concello máis pequeno de Galicia[3]. Ten unha alta densidade de poboación. Está constituído por unha única parroquia e entidade de poboación, a vila de Rábade. Rábade experimentou unha progresiva transformación orientada a converterse nun importante centro de comunicacións e núcleo de servizos, sendo especialmente importante o seu crecemento nas décadas de 1970 e 1980.

Rábade figura nos itinerarios medievais, concretamente nos traxectos que unían Vilalba e Rábade, por un lado, e Rábade e Parga por outro, na vía romana entre Betanzos e Lugo. Na idade media está datada a ponte antiga de Rábade, concretamente nos séculos XIII-XIV, e sobre esta ponte estableceuse a portaxe ou pago por dereito de paso.

Trala División territorial de España en 1833 Rábade integrouse primeiro no concello de Outeiro de Rei en 1835, e posteriormente no de Begonte, logo da reforma de 1840. En 1925 Rábade converteuse en concello independente ó segregarse de Begonte.

En 1875 inaugurouse o tramo LugoA Coruña da liña Palencia-A Coruña, con estación en Rábade, aínda en servizo actualmente. A vila está tamén atravesada pola estrada N-VI, e en paralelo a ela pasa a autovía A-6.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Rábade.

Lugares de Rábade

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rábade vexa: Lugares de Rábade.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Rábade

Rábade (San Vicenzo)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Núñez Castro, Cristina (2003). De Rapati a Rábade. O municipio de Rábade e a evolución histórica do seu territorio. Concello de Rábade.