Saltar ao contido

Puglia

Puglia
 Nome orixinal
    Puglia (it)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    - (it)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
pugliese (it)  
Apulijec (sl)  
pugliesi (it)  
Apulijka (sl)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
Apulia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: president of Apulia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Michele Emiliano (2015 - )
Nichi Vendola (2005 - 2015)
Raffaele Fitto (2000 - 2005) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
 Entidades subsidiarias
Localización
 Situado en
 Xeografía
 Situado na entidade xeográfica
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
4.029.053 (2019)
3.866.174 (2025) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   19.365,8 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap40095 Editar o valor en Wikidata
VIAF305114973 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000417549737 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0c663 Editar o valor en Wikidata
NUTSITF4 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX453801
Wikidata G:Commons C:Commons

Puglia (en fala barese e fala foggiano: Púgghie; en fala salentina: Puia; en franco-provenzal: Poulye; en latín: Apulia) é unha rexión da Italia meridional. Ten 4.069.869 habitantes e ten a capital na cidade de Bari. Limita ao norte con Molise, ao oeste coa Campania e a Basilicata, ao sur co Mar Xónico e ao norte e leste co Mar Adriático. Comprende as provincias de Bari, Barletta-Andria-Trani, Brindisi, Lecce, Foggia e Tarento. Corresponderíase co tacón da analoxía popular entre a forma de bota e a forma xeográfica de Italia, quere dicir, está no extremo sueste da Península Itálica. Ten unha extensión de 19.358 km², e a capital é Bari.

Praza Cavour, Foggia

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista das Illas Tremiti

A Puglia é a rexión máis oriental de Italia. Punta Palascia (en Otranto, no Salento), dista preto de 80 km das costas de Albania e constitúe o punto máis oriental de Italia. O seu territorio é chairo no 53,3%, ten outeiros no 45,3% e montañoso só no 1,5%. Está bañada polo Mar Adriático e o Mar Xónico.

Puglia é unha rexión moi árida. Os principais ríos son o río Fortore, o río Candelaro, o río Cervaro e o río Ofanto. Os seus poucos ríos son torrenciais e no Tavoliere. No resto de lugares, a auga da choiva fíltrase polo leito de calcaria para formar cursos subterráneos de auga que afloran preto da costa. A auga subterránea é polo tanto abondo, e hai moitas covas.

O clima en Puglia é mediterráneo, agás en Tavoliere, onde reviste caracteres de continental. A paisaxe está cuberta de garrigas ou maquias debido a un clima bastante seco provocado polos cálidos ventos procedentes do norte de África e do Levante (tramontana), así como dos fríos e tamén desecantes ventos do nordeste (bóreas). O único lago potable, de onde sae o acueduto pugliese, é o Lago de Occhito situado no lindeiro con Molise (esta escaseza de auga fan habituais as crises hídricas).

División administrativa

[editar | editar a fonte]

A rexión da Puglia subdivídese nas seguintes provincias:

Mapa das provincias da Puglia