A área municipal é de 283,89km². O territorio de Piloña é montañoso, con vales profundos e estreitos, e montes non moi altos, mais de pendente pronunciada. A maior parte do terreo municipal corresponde a unha depresión terciaria, de dirección leste-oeste, que percorre o río Piloña. Coñécense bos bancos de carbón en La Marea, e outros menores en Sotiello e Boriñes. Hai tamén faixas de lousa na serra de Ques e na serra de Cayón.
O río principal é o Piloña, tributario pola esquerda do río Sella. A vía principal de comunicacións é a estrada N-634.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
Piloña é historicamente unha área en retroceso de poboación. O concello tiña uns 20.000 habitantes en 1930; 8.799 en 2001; e 8.440 en 2005. A súa economía é principalmente agropecuaria, con cría de gando para leite e carne, xunto con certa explotación forestal.
Ten algunha industrais. Son basicamente de fabricación de mobles e sidra, unha planta que procesa o leite da zona e unha fábrica de caramelos e outros produtos doces (esta en Villamayor).
As poboacións máis importantes son L'Infiestu (que ten arredor do 20% da poboación municipal), Villamayor e Sebares. As tres están sobre as beiras do río Piloña.