Saltar ao contido

Perpiñán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perpiñán
 Nome orixinal
Perpinyà (ca)
Perpignan (fr) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Perpignan (fr) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
perpinyanès (ca)
Perpignanaise (fr)
Perpignanaises (fr)
Perpiñanés (es)
Perpignanais (fr)
perpinyanesos (ca)
perpinyaneses (ca)
perpinyanesa (ca)
Perpiñanesa (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
 Ten en propiedade
Historia
 Acontecementos importantes
 Historia
Localización
 Situado na entidade estatística
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
120.489 (2012)
120.959 (2013)
121.934 (2015)
123.602 (2016)
120.158 (2017) censo
119.188 (2018) censo
119.344 (2019) censo
118.032 (2020) censo
119.656 (2021) censo
120.996 (2022) censo
121.616 (2023) censo Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   63.872 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   56.286 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   68,07 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
Fontes e ligazóns
Código postal66000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap18000 Editar o valor en Wikidata
VIAF137207669 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09nkq Editar o valor en Wikidata
 Código do catálogo
 Páxina WEB
 Teléfono
+33-4-68-66-30-66 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: MairiePerpignan Twitter: MairiePerpignan Instagram: mairieperpignan LinkedIn: mairieperpignan Youtube: UCQDMqyG_sK0N5Exr6IsuHgA BNE: XX452720 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Perpiñán[1][2] (en francés: Perpignan; en catalán: Perpinyà) é unha cidade francesa. É a capital da Cataluña do Norte e da comarca do Rosellón. É tamén a capital do departamento dos Pireneos Orientais. A súa poboación alcanzaba 116.700 habitantes en 2004, e a área metropolitana superaba os 300.000 en 2007.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Perpiñán érguese no centro da chaira do Rosellón regada polo río Têt, e que está limitada ao sur polos Pireneos, ao oeste pola rexión de Corbières e ao leste polo mar Mediterráneo. É a máis meridional das grandes cidades da Francia metropolitana. O clima é de tipo mediterráneo, con invernos suaves e veráns secos e calorosos.

A orixe da cidade non está clara: parece que foi fundada como unha explotación agrícla romana denominada villa Perpiniani. Será a partir do século X, cando comezou a desenrolarse. Como capital do condado do Rosellón acrecentou aínda máis a súa importancia. Aquela expansión valeulle gañar o bispado, que daquela radicaba en Elna.

En 1172, Perpiñán integrouse na Coroa de Aragón. En 1197, Perpiñán obtivo unha carta municipal que estabelecía a súa organización. Os habitantes gozaban de privilexios importantes, como o de poder elixir os cónsules, un por cada clase social. Entre 1276 e 1344, Perpiñán alcanzou a súa idade de ouro; tornouse capital da Coroa de Mallorca, cuadruplicando a súa poboación e a súa superficie en menos dun século. Foi a época dos grandes obradoiros, da catedral e do castelo real (Pazo dos Reis de Mallorca).

En 1344 perdeu o estatuto de capital, a causa da reintegración do Reino de Mallorca na Coroa de Aragón. Pouco despois de 1346 viuse afectada fortemente pola peste negra, da cal a cidade non se recuperou nunca. Logo de 1479, Perpiñán entrou nos planos da lóxica militar, pechada por murallas poderosas, reforzadas ao longo das diversas épocas. Tomada polos exércitos de Lois XIII de Francia en 1642, foi anexada, como o resto da Cataluña Norte, ao reino de Francia polo tratado dos Pireneos de 1659. As murallas foron derrubadas a comezos do século XX, ao tempo que a cidade se espallaba sobre a chaira do Rosellón.

Universidade de Perpiñán

[editar | editar a fonte]

A Universidade de Perpiñán (chamada Via Domitia hoxe en día), é a magna institución educativa da cidade. Creada en 1349 polo rei Pedro IV de Aragón. A universidade actual foi creada en 1971 só como centro universitario e tornouse universidade plena en 1979.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno118.000119.000120.000121.000122.000123.000124.0002012201420162018202020222024PerpiñánEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Centros de interese

[editar | editar a fonte]
O Castellet de Perpiñán
  • O Castellet, antiga cadea, hoxe museo catalán das artes e das tradicións populares.
  • Pazo dos Reis de Mallorca.
  • A Llotja de Mar, historicamente o primeiro tribunal marítimo do mundo.
  • O Ostal de la Vila, ou casa do concello.
  • O Pazo da Deputación, actual delegación da Generalitat de Cataluña.
  • Catedral de San Xoán Bautista.
  • Claustro-cemiterio, tradicionalmente dito cementiri de Sant Joan (cemiterio de san Xoán), que os franceses chaman Campo Santo.
  • Igrexa de San Xoán o Vello.
  • Igrexa de Santiago (ou de san Jaume).
  • Igrexa de Nosa Señora a Real.
  • Igrexa de San Mateo.
  • Convento dos dominicos.
  • Convento das carmelitas.
  • Convento dos mínimos.
  • Convento das clarisas.
  • Os restos do convento dos franciscanos.
O rivière Basse, afluente do Tet, en Perpiñán

Localidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Celebracións

[editar | editar a fonte]

Durante o ano 2008, Perpiñán foi a Capital da Cultura Catalá.

  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para perpiñanés.
  2. ↑ «Perpiñán». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1618. ISBN 9788482893600.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]