Mando Diao
| Mando Diao | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Mando Diao é unha banda de garage rock formada en Borlänge, Suecia no ano 1995. O nome da banda provén dun soño de Björn Dixgård. O grupo irrompeu no panorama internacional co seu segundo álbum Hurricane Bar, editado no ano 2004. A súa principal base de seareiros atópase en Suecia, Alemaña e o Xapón, aínda que nos últimos anos estendeuse cara ao oeste de Europa, especialmente cara ao Reino Unido.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Os inicios da banda están en 1999 cando Björn Dixgård (voz e guitarra) e Daniel Haglund (teclados) tocaban nun grupo chamado Butler,[1] que formaran a mediados dos 90. En 1996 Gustaf Norén (voz e guitarra) uniuse á banda e en 1999 Carl-Johan Fogelklou (baixo e coros) e Samuel Giers (batería) convertéronse en membros e completaron o grupo orixinal. Esa formación decidiu tomar o proxecto máis en serio. Björn Dixgård e Gustaf Norén encerráronse nunha casa de verán e pasaron 14 meses escribindo cancións. Afirman que os Beatles son a súa fonte orixinal de inspiración.[2] Supostamente, Gustaf uniuse á banda despois de que el e Björn falasen toda a noite sobre este grupo. Os dous renomearon ao proxecto como Mando Diao, un nome que lle apareceu a Björn Dixgård nun soño no que un home se lle achegou e berrou "Mando Diao!".[3]
Os seus primeiros concertos foron en locais da súa cidade natal, Borlänge, no ano 1999. A división de EMI en Suecia interesouse por eles e pouco despois asinaron un contrato.
Salto á fama
[editar | editar a fonte]O lanzamento do seu álbum de estrea, Bring 'Em In, en 2002, e do seu primeiro sinxelo, "Sheepdog", fixeron que a banda fose popular en Suecia; o estilo musical e o son das décadas de 1960 e 1970, así como as voces dos cantantes, foron axiña vistos como o son "típico" de Mando Diao polos seus fans, comparándose co da música de The Kooks, The Small Faces e The Kinks,[4] declarando que a música da súa banda era a mellor e incluso mellor que moitos álbums de The Beatles ou The Rolling Stones.[5]
A banda comezou a facer xiras por Suecia e outros países escandinavos xunto con grupos locais como The Hellacopters ou Kent.
No 2003 Daniel Häglund deixou a banda e foi substituído por Mats Björke. Ese mesmo ano o álbum internacionalizouse co sinxelo "Sheepdog", e no 2004 Mando Diao foi considerada unha das mellores bandas novas do ano pola prensa.
O seu segundo álbum, Hurricane Bar, foi lanzado en 2005, e deulles o definitivo impulso internacional, sendo recoñecidos en todo o mundo grazas a este traballo. O seu sinxelo "God Knows" aparecería no videoxogo FIFA 2006 de EA Sports. Nese ano Mando Diao foi abreconcertos na xira da banda The Bravery, xunto co grupo dos Ánxeles The Colour.
No mes de setembro do 2006 apareceu o seu terceiro álbum, Ode to Ochrasy. Ese ano a banda realizazou unha xira polo Xapón e outra por Europa.
A continuación presentaron os traballos Never Seen the Light of Day, aparecido no ano 2007 e Give Me Fire, editado en febreiro do 2009. Este último traballo estreouse en Alemaña, Austria e Suíza no número 1, en Suecia no 2 e en Grecia no 39.[6][7]
Neses anos a banda actuou nos principais festivais europeos, como o Festival de Benicàssim, o Rock am Ring en Alemaña ou o de Reading-Leeds en Inglaterra.
O 2 de setembro do 2010 gravaron un unplugged para a MTV nos Union Film-Studios de Berlín, contando como convidados a Daniel Haglund, Ray Davies, Klaus Voormann, Juliette Lewis e Lana Del Rey. O concerto foi lanzado a finais do ano en CD e DVD co título MTV Unplugged - Above and Beyond. A principios de 2011 o batería Samuel Giers abandonou o grupo.
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Bring 'Em In | 2002 | EMI, Majesty, Mute |
| Hurricane Bar | 2004 | Mute Records |
| Ode to Ochrasy | 2006 | Mute Records |
| Never Seen the Light of Day | 2007 | EMI |
| Give Me Fire | 2009 | Universal Records |
| Infruset | 2012 | Universal Records |
| Ælita | 2014 | Musica De La Santa |
| Good Times | 2017 | BMG |
| Bang | 2019 | Playground Music Scandinavia |
| I Solnedgången | 2020 | Playground Music Scandinavia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mando Diao". Musikexpress (en alemán). Consultado o 2026-04-06.
- ↑ "Mando Diao – laut.de – Band". laut.de (en alemán). Consultado o 2026-04-06.
- ↑ "Mando Diao Künstlerseite (Biografie, Artikel, Rezensionen, Alben, Fans, Community)". motor.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 2026-04-06.
- ↑ "Hire Mando Diao for a Corporate Event or Performance Booking.". www.celebritytalent.net. Consultado o 2026-04-07.
- ↑ "Mando Diao's Björn Dixgård doesn't give a fuck about sound". earofnewt.com (en inglés). 2013-09-06. Consultado o 2026-04-07.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2009. Consultado o 11 de febreiro de 2011.
- ↑ http://austriancharts.at/showitem.asp?interpret=Mando+Diao&titel=Give+Me+Fire!&cat=a