Saltar ao contido

Lou Costello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLou Costello

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Louis Francis Cristillo Editar o valor en Wikidata
6 de marzo de 1906 Editar o valor en Wikidata
Paterson Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 1959 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Calvary Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de cinema, especialista de cinema, humorista, actor, actor de teatro, produtor de cinema, actor de televisión, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1926 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Compañeiro profesionalBud Abbott Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnne Battler (1934–1959), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosCarole Costello Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0182579 Allocine: 20004 Rottentomatoes: celebrity/lou_costello Allmovie: p15240 TCM: 39757 IBDB: 84201
Enciclopedia Galega Universal: 107713 BNE: XX1485203 Musicbrainz: 505e9b26-b150-4884-bc99-54216a56e4ea Discogs: 1712183 WikiTree: Cristillo-1 Find a Grave: 237 Editar o valor en Wikidata

Louis Francis Cristillo, nado en Paterson (Nova Jersey) o 6 de marzo de 1906 e finado nos Ánxeles o 3 de marzo de 1959, foi un célebre humorista e actor estadounidense coñecido como Lou Costello. Con Bud Abbott formou o popular dúo cómico Abbott e Costello na década de 1940.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Louis Francis Cristillo naceu o 6 de marzo de 1906, fillo de Helen Rege e Sebastiano Cristillo.[2] O seu pai era italiano, de Caserta[3] en Campania, e a súa nai era estadounidense de ascendencia francesa e irlandesa.[3]

Costello trasladouse a Hollywood a principios da década de 1930 e tras desempeñar diferentes oficios foi contratado pola compañía Metro Goldwyn Mayer para traballar como especialista,[4] chegando a ser o dobre de Tim McCoy.

Despois de traballar como dobre en sesenta filmes, Cristillo comezou a engordar polo que perdeu o empregou na Metro. Decidido a cambiar de rumbo, cambiou o seu nome polo de Lou Costello como homenaxe á actriz Helene Costello,[5] iniciando a súa carreira como cómico no Music Hall ata coñecer a Bud Abbott en 1936.[6] Con el formou o dúo cómico Abbott e Costello, unha das máis famosas parellas da comedia de Hollywood, onde intrepetaba un gordecho medorento e algo ridículo que non cesaba en ser utilizado pola súa contrafigura. Tiveron unha enorme popularidade nos Estados Unidos e en Latinoamérica. A peculiar parella deu lugar a contrapartidas como a dos dúo formado por Jerry Lewis e Dean Martin.

Trala súa separación de Abbott en 1957,[7] Costello iniciou unha carreira en solitario, demostrando aptitudes dramáticas, mais nesta nova faceta só puido rodar un filme xa que faleceu de súpeto o 3 de marzo de 1959 por unha crise cardíaca poucos días despois de finalizada a rodaxe.[2]

Anos despois, en 1967, William Hanna e Joseph Barbera produciron unha serie de animación baseada nas súas personaxes, ao estilo do que fixeran Laurel e Hardy.

  1. ↑ "Bud Abbott; American Actor". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Lou Costello, 52, Dies on Coast. Comic Had Teamed With Abbott. 'Little Guy Trying to Be a Big Shot' in Films and on TV-Partners Broke Up in '57". The New York Times. 4 de marzo de 1959.
  3. 1 2 Costello, Chris and Raymond Strait. "Lou's On First". Nova York: St. Martin's Press.
  4. ↑ "Laurel & Hardy Films | Stills". laurelandhardyfilms.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 15 de novembro de 2014.
  5. ↑ Smith, Jr., EW (2009). Athletes Once: 100 Famous People Who Were Once Notable Athletes. Cortero. ISBN 9781611790689.
  6. ↑ Furmanek, Bob and Ron Palumbo (1991). Abbott and Costello in Hollywood. New York: Perigee Books. ISBN 0-399-51605-0
  7. ↑ "Abbott, Costello Split. Comedy Team Breaks Up to Let Abbott Raise Horses". The New York Times. United Press International. 15 de xullo de 1957.
  8. ↑ Web de jpl. "(17024) Costello".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]