Little Rock
Little Rock é unha cidade dos Estados Unidos, a capital e a cidade máis grande do estado de Arcansas. Está localizada no centro do estado, no condado de Pulaski e o seu nome deriva dunha pequena rocha situada nun extremo do río Arcansas, chamada La Petite Roche.
Segundo o censo de 2008 tiña unha poboación de 189.515, cun total de 675.069 no área metropolitana.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Little Rock está localizada na parte sur do río Arcansas, no centro de Arcansas. A parte occidental da cidade está localizada nas faldras das montañas Ouachita. No norte, o lago Maumelle proporciona auga potable á cidade.
O seu fuso horario é o Central, (UCT -6).
Demografía
[editar | editar a fonte]De acordo co censo de 2008, Little Rock ten unha poboación de 189.515 persoas, sendo a densidade de poboación de 626,39 hab/km². En 2000, a poboación de Little Rock era un 55% de etnia branca, o 40,41% eran afroamericanos, o 2,67% eran latinos, o 1,66% eran asiáticos e o 1,28% pertencía a outras etnias.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1722, un explorador francés chamado Bernard de la Harpe atopou unha pequena roca ao carón da ribeira do río Arcansas, á que chamou La Petite Roche ("A Pequena Roca", en francés), e preto da cal construíu un posto comercial.
En 1819 fúndase Little Rock, a cal convértese na capital do estado de Arcansas en 1821. En 1836, Arcansas convértese no 25º estado de Estados Unidos, sendo Little Rock a súa capital. No período da Guerra de Secesión, Little Rock uniuse ao bando confederado.
En 1911 construír o Capitolio do Estado de Arcansas. Converteuse no terceiro edificio estatal da cidade.
En 1957 producíronse graves disturbios raciais nun instituto de Little Rock. A magnitude dos feitos foi tal, que o exército tivo que intervir para disolver as revoltas.
En 1992 o Gobernador de Arcansas Bill Clinton converteuse na primeira persoa deste estado en converterse en presidente dos Estados Unidos.
A banda de rock Evanescence provén desta cidade.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]A cidade está irmandada con:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Little Rock |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial de Little Rock Arquivado 25 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
