Ficolina
As ficolinas son receptores de recoñecemento de padrón que se unen a grupos acetilo presentes nos carbohidratos da superficie das bacterias e funcionan como mediadores da activación da vía da lectina da fervenza do complemento.[1]
Estrutura
[editar | editar a fonte]As ficolinas son un grupo de lectinas oligoméricas cun dominio N-terminal similar ao coláxeno e un dominio C-terminal similar ao fibrinóxeno. A estrutura primaria das ficolinas comprende 288 aminoácidos. A combinación de dominios similares ao coláxeno e ao fibrinóxeno permite que estas proteínas formen unha subunidade básica que contén unha cola de tripla hélice e un trío de cabezas globulares.[2]
As ficolinas prodúcense nos hepatocitos do fígado e nas células alveolares de tipo II dos pulmóns, así como en neutrófilos e monocitos.[3]
Papel na inmunidade innata
[editar | editar a fonte]Os mecanismos de recoñecemento da inmunidade innata son sofisticados e neles interveñen as ficolinas. As secrecións exócrinas proporcionan diversos factores solubles que teñen a capacidade de protexer o corpo de posibles patóxenos.[4]
Xunto coas pentraxinas, colectinas e moléculas C1q, as ficolinas constitúen as moléculas de recoñecemento de padrón (PRMs) solubles que exercen un importante papel na inmunidade humoral e na innata.[4] As ficolinas recoñecen as estruturas dos carbohidratos da superficie dos patóxenos como o seu padrón molecular asociado a patóxenos (PAMP) e activan a vía da lectina do sistema do complemento.[3][5] Concretamente, as ficolinas únense a grupos acetilo presentes en certas moléculas bacterianas, como a N-acetilglicosamina, un compoñente do peptidoglicano da parede celular bacteriana.[1][6] Cando as ficolinas e unen aos seus ligandos PAMP polo seu dominio C-terminal similar ao fibrinóxeno,[1] inician a fervenza proteolítica do complemento, facilitada polas serina proteases asociadas á proteína que se une á manosa (MASPs) ás cales as ficolinas están asociadas e coas cales cocirculan.[1][6] Despois, as serina proteases cortan varias proteínas do complemento solubles causando a activación do complemento, a opsonización, a xeración de mediadores proinflamatorios e a lise das células.[7]
As colectinas e ficolinas tamén se chaman lectinas colaxenosas. A familia das colectinas consta de proteínas dependentes do calcio. En contraste, a familia das ficolinas non se une a PAMPs de maneira dependente do calcio.[3]
Tipos de ficolinas
[editar | editar a fonte]En humanos identificáronse tres ficolinas:
- M-ficolina (FCN1), ficolina do monocito, ficolina-1.
- L-ficolin (FCN2), ficolina do fígado (liver), ficolina-2.
- H-ficolin (FCN3), antíxeno hakata, ficolina-3.[2][3]
A ficolina-1 e ficolina-2 están codificadas por un xene localizado no cromosoma 9 (9q34) e comparten aproximadamente un 80 % de identidade na secuencia de aminoácidos. A ficolina-3 está codificada no cromosoma 1 e ten só un 50 % de identidade coas outras dúas ficolinas.[2] Observouse unha reactividade cruzada das ficolinas no soro sanguíneo humano.[7]
Referencias clínicas
[editar | editar a fonte]A concentración de ficolinas no soro de persoas sas está entre 3 e 5 μg/mL.[2]
Como a ficolinas-2 e -3 se expresan nos hepatocitos, os seus niveis diminúen en casos de doenzas hepáticas avanzadas como a cirrose. Niveis baixos de ficolinas contribúen á disfunción inmune asociada á cirrose.[8]
A inmunólogoa Jeak L. Ding e o seu equipo atoparon que as IgG naturais (nIgG; unha inmunoglobulina non específica da inmunidade adaptativa) non son quiescentes, senón que teñen unha función crucial na defensa inmunitaria innata ao colaboraren coa ficolina (unha proteína inmunitaria innata).[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 Merle, Nicolas S.; Church, Sarah Elizabeth; Fremeaux-Bacchi, Veronique; Roumenina, Lubka T. (2015). "Complement System Part I - Molecular Mechanisms of Activation and Regulation". Frontiers in Immunology 6: 262. PMC 4451739. PMID 26082779. doi:10.3389/fimmu.2015.00262. 262.
- 1 2 3 4 Kilpatrick, David C.; Chalmers, James D. (2012). "Human L-Ficolin (Ficolin-2) and Its Clinical Significance". Journal of Biomedicine and Biotechnology 2012: 138797. ISSN 1110-7243. PMC 3303570. PMID 22500076. doi:10.1155/2012/138797.
- 1 2 3 4 Matsushita, Misao (2018). "Chapter 5 - Ficolins". En Barnum, Scott R.; Schein, Theresa N. The Complement FactsBook (2ª ed.). Elsevier. pp. 45–56. ISBN 978-0-12-810420-0. doi:10.1016/B978-0-12-810420-0.00005-5.
- 1 2 Hajishengallis, George; Russell, Michael W. (2015). "Chapter 15 - Innate Humoral Defense Factors". En Mestecky, Jiri; Strober, Warren; Russell, Michael W.; Kelsall, Brian L.; Cheroutre, Hilde; Lambrecht, Bart N. Mucosal Immunology (Fourth ed.). Elsevier. pp. 251–270. ISBN 978-0-12-415847-4. doi:10.1016/b978-0-12-415847-4.00015-x.
- ↑ Endo, Yuichi; Matsushita, Misao; Fujita, Teizo (xuño de 2007). "Role of ficolin in innate immunity and its molecular basis". Immunobiology 212 (4–5): 371–379. ISSN 0171-2985. PMID 17544822. doi:10.1016/j.imbio.2006.11.014.
- 1 2 Krarup, Anders; Thiel, Steffen; Hansen, Annette; Fujita, Teizo; Jensenius, Jens C. (2004). "L-ficolin Is a Pattern Recognition Molecule Specific for Acetyl Groups". Journal of Biological Chemistry 279 (46): 47513–47519. PMID 15331601. doi:10.1074/jbc.M407161200.
- 1 2 Jarlhelt, Ida; Pilely, Katrine; Clausen, Jytte Bryde; Skjoedt, Mikkel-Ole; Bayarri-Olmos, Rafael; Garred, Peter (2020-02-24). "Circulating Ficolin-2 and Ficolin-3 Form Heterocomplexes". The Journal of Immunology 204 (7): 1919–1928. ISSN 0022-1767. PMID 32094208. doi:10.4049/jimmunol.1900694.
- ↑ Foldi, Ildiko; Tornai, Tamas; Tornai, David; Sipeki, Nora; Vitalis, Zsuzsanna; Tornai, Istvan; Dinya, Tamas; Antal-Szalmas, Peter; Papp, Maria (2017). "Lectin-complement pathway molecules are decreased in patients with cirrhosis and constitute the risk of bacterial infections". Liver International (en inglés) 37 (7): 1023–1031. ISSN 1478-3231. PMID 28109038. doi:10.1111/liv.13368. hdl:2437/234045.
- ↑ Panda, Saswati; Ding, Jeak L. (2015). "Natural Antibodies Bridge Innate and Adaptive Immunity". The Journal of Immunology 194 (1): 13–20. PMID 25527792. doi:10.4049/jimmunol.1400844.