Saltar ao contido

Fandango

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fandango
Imaxe
Características
 Aspecto de
 Lingua
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02slb6 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O fandango é unha composición musical e un baile de pulso ternario[1]. Similar á xota, estivo de moda nos séculos XVII e XVIII.[2]

Características

[editar | editar a fonte]
O baile do fandango foi reconstruído a partir dun informante da zona de Muros.

A orixe do fandango é incerta, as primeiras noticias descritivas sobre el indican que se debeu formar a finais do século XVII e popularizarse no XVIII. No sur da Península Ibérica, onde probabelmente se orixinou, comprende diferentes variantes: malagueñas, rondeñas, granadinas e murcianas. Na súa extensión cara ao norte peninsular existe unha gran confusión á hora de definilo, sendo difícil distinguiren a súa música da xota, da que ven a ser unha versión antiga a ritmo máis lento.[3] É probábel que os puntos cos que se bailaba o fandango fosen adaptándose para a súa reutilización nas xotas.[4] De feito o baile faise cos mesmos puntos, aínda que dun xeito máis pausado e case sen saltar[5].

En Galiza o fandango referénciase por primeira vez na obra A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos onde se menciona xunto a outro baile galego, a muiñeira. Destas mencións pódese deducir que era un baile común na Pontevedra do século XIX. A comezos do século XX, o cancioneiro de Casto Sampedro presenta o fandango como un estilo musical chegado de fora que dificilmente se pode distinguir da xota,[6] e a finais deste mesmo século, na obra El baile en Galicia do bailador Juanjo Liñares, afírmase que o baile foi importado polos recrutas que volvían do servizo militar. Este autor contaba nas súas aulas que na súa mocidade chegara a ver bailar o fandango aos vellos da zona da Mariña.[7] Outro folclorista, Manuel Cajaraville, chegou a aprender o baile na década de 1970 axudado por un informante da zona de Muros[8], o que lle permitiu crear unha representación do mesmo para a Agrupación Folklórica Aturuxo.[9]

  1. ↑ Camafeita, Olga (2001). "Ternario". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo).
  2. ↑ Camafeita, Olga (2001). "Fandango". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo).
  3. ↑ "Fandangos (pezas)". Folckotecagalega. Consultado o 04/04/2021.
  4. ↑ Prego, Luis (2020). "Fandango". Aturuxo (17): 51. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o 04 de abril de 2021.
  5. ↑ Linares, Juan Jose. O baile en Galicia. Galaxia.
  6. ↑ Sampedro Folgar, Casto. Cancionero musical de Galicia (1982 ed.). Fundación Pedro Barrie de la Maza. p. 186.
  7. ↑ "Fandango Gallego Juanjo Linares clase magistral". Youtube. Consultado o 2021-04-04.
  8. ↑ Cajaraville Pensado, Manuel (1983). Debullando folclore. La Voz de Galicia. pp. 73–74.
  9. ↑ "A.F. Aturuxo - Fandango muradán (1991)". Youtube. Consultado o 2021-04-04.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]