Saltar ao contido

Bamberg

Bamberg
 Nome curto
    Bb (de) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Bamberg (de) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Bamberg (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
(2012)
Imaxe
(2015)
 Parte de
 Composto por
Características
Implicados
 Xefe do goberno
Sebastian Niedermaier (2026 - )
Andreas Starke (pt) Traducir (2006 - 2026)
Herbert Lauer (1994 - 2006) Editar o valor en Wikidata
 Ten en propiedade
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Comparte fronteira con
Bamberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
11.500 (1599)
12.000 (1618)
7.000 (1648)
19.385 (1808)
17.095 (1811)
18.600 (1830) censo
41.823 (1900) censo
50.152 (1925) censo
54.161 (1933) censo
75.193 (1945)
76.180 (1950) censo
74.115 (1961) censo
77.449 (1970) censo
74.236 (1975)
69.100 (1987) censo
70.063 (2006) censo
70.863 (2012) actualización estatística
71.167 (2013) actualización estatística
71.952 (2014) actualización estatística
71.465 (2014)
73.331 (2015) actualización estatística
75.743 (2016) actualización estatística
77.179 (2017) actualización estatística
77.592 (2019) actualización estatística
77.749 (2021) actualización estatística
79.935 (2022) actualización estatística
80.580 (2023) actualización estatística
77.150 (2024) actualización estatística
77.218 (2025) actualización estatística Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   40.128 Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   37.464 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
54,62 km²
0,5 mi² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   262 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal96001 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap62525 Editar o valor en Wikidata
VIAF129007724 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121100869 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01k1v Editar o valor en Wikidata
NUTSDE241 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Twitter: Bamberg_de Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Bamberg é unha cidade alemá pertencente ao Estado de Baviera (Alemaña), situado na rexión de Franconia, a beiras do río Regnitz. A cidade, declarada no seu conxunto Patrimonio da Humanidade en 1993, tiña unha poboación de 70 863 habitantes a 31 de decembro de 2012.

Durante os séculos posteriores ao imperio de Roma, a migración xermana chegou á Diocese de Bamberg, a cal estaba habitada polos eslavos. O asentamento foi mencionado por primeira vez no ano 902, debido á construción do Castelo de Babenberg, en honra á familia que o construíu. A área foi evanxelizada polos monxes da Orde Beneditina, e foi entregada á Diocese de Würzburg.

En 1007, o Santo Emperador Romano Henrique II opta por separar Bamberg da Diocese de Würzburg debido a que buscaba reducir de tamaño esa diocese. En 1008 logrouse mediante o consenso entre os Bispos de Würzburg e Eichstätt, xunto coa aprobación do Papa Xoán XVIII, a definición duns novos límites da Diocese. A nova catedral foi terminada en 1012, o cal marcou o inicio da nova extensión diocesal. Cinco anos máis tarde, fundouse un mosteiro para o culto e a formación dos clérigos.

Ao redor do século XIII, os bispos forzaron ao Imperio, permitindo así, construír grandes edificacións en Bamberg. Sendo así o poder, que se obtiveron vastos territorios, sendo todos perdidos pola Reforma, os cales reduciron a extensión á metade. En 1647 fúndase a Universidade de Bamberg, que foi fundada nun principio co nome de Academia Bambergensis. En 1759, as posesións e xurisdicións da Diocese foron entregadas e vendidas a Austria. Cando se produciu a secularización da terra, por parte da igrexa, levou a efecto (1802), a extensión de terra era de 3 305 km² e a súa poboación próxima aos 220 000 habitantes. En 1802 independízase e en 1803 únese a Baviera.

En 1976, a Unión Astronómica Internacional aprobou pór o nome da cidade a un cráter do planeta Marte, coñecido como Bamberg.[1]

Sitios de interese

[editar | editar a fonte]

O conxunto da cidade de Bamberg, foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1993, abarcando unha área protexida de 142 ha e unha zona de respecto de 444 ha.

Dentro deste patrimonio pódese atopar:

  • A Catedral (1237), cos restos dos reis Henrique II e o Papa Clemente II
  • A Residencia Antiga (Alte Hofhaltung), residencia dos bispos entre o século XVI e século XVII
  • A Residencia Nova (Neue Residenz), residencia dos bispos despois do século XVII
  • A Casa do Concello Antiga (Altes Rathaus, 1386), construído nunha illa no centro do río Regnitz

A Catedral é unha estrutura pertencente ao estilo románico dentro da arquitectura, debido ao catro torres que se atopan na estrutura lateral. Foi fundada en 1004 polo Emperador Henrique II, terminada en 1012 e consagrada o 6 de maio de 1012. O lume destruíuna, en forma parcial, no ano 1081. A nova catedral foi construída por Otto de Bamberg e dedicada o ano 1111. No século XIII, recibiu o seu forma románica definitiva. Na catedral atópase o O Xinete de Bamberg, unha estatua ecuestre de pedra, construída probablemente entre 1225 e 1237. O Emperador Henrique II e a súa esposa Santa Cunegunda están enterrados na catedral.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]