Entre os puntos máis relevantes do manifesto, no que se clama pola dignidade educativa deste ciclo, destacamos: a non precarización do sector, con ratios abusivas, o cal afecta á calidade da atención educativa ao alumnado; condicións laborais dignas, con tempos para a formación permanente e a programación; a importancia da parella educativa; unha educación inclusiva real, con recursos e apoios para unha atención á diversidade óptima e, por último, e como punto que resume esas demandas, o recoñecemento ao labor educativo no 0-3: coidar é educar.
Seguir lendo A CNT coa educación infantil de 0-3Categoría: Xunta
O Tribunal Superior de Galicia impón a indemnización por abuso no caso de superar un proceso selectivo
Centos de temporais da Xunta enfróntanse ao despedimento tras os procesos de estabilización
A aplicación da Lei 20/21 de estabilización do persoal público temporal está a xerar unha situación sen precedentes na Administración pública galega: Centos de traballadores e traballadoras temporais da Xunta de Galicia atópanse, neste final de ano, ao bordo do despedimento tras a publicación dos baremos definitivos dos procesos de estabilización.
Seguir lendo Centos de temporais da Xunta enfróntanse ao despedimento tras os procesos de estabilizaciónA Xunta de novo obrigada polo xulgado tras a denuncia da CNT
A Xunta de Galicia denegou ao noso compañeiro Brais, bombeiro forestal condutor, a ampliación do permiso de paternidade á que tiña dereito.
Seguir lendo A Xunta de novo obrigada polo xulgado tras a denuncia da CNT“Accidentada” reunión informativa sobre a estabilización en San Caetano
Este martes 24 de maio programouse en San Caetano (Compostela) unha charla informativa sobre estabilización na Xunta de Galicia. A xornada iniciouse coa sorprendente negativa de abrir o salón de actos previsto para a charla. Tras varias xestións e tras descubrir que este veto á información proviña de Función Pública, os máis de 60 asistentes desprazáronse ata o hall de Presidencia do edificio administrativo para facer alí mesmo a charla.
Seguir lendo “Accidentada” reunión informativa sobre a estabilización en San CaetanoEste martes 24 de maio de 2022 a Sección sindical da CNT na Xunta organiza unha charla informativa sobre o proceso de estabilización do persoal público temporal.
A charla terá lugar este 24/5/22 ás 10h no salón nº2 de San Caetano (Compostela)
Na charla, expoñeranse as últimas novidades da OPE e as convocatorias de estabilización na Xunta; situarémonos na realidade actual para ver as liñas de acción que recomendamos desde o sindicato.
Non faltes, o teu futuro está en xogo!!
Resumo das fases do proceso de estabilización na Xunta tal e como se desenvolverían a día de hoxe
Actualmente estamos na primeira das fases, na elaboración dos buzóns de postos afectados. Tamén hai proposta de Función Pública e alegacións dos sindicatos da mesa de como se desenvolverían o resto de fases.
Seguir lendo Resumo das fases do proceso de estabilización na Xunta tal e como se desenvolverían a día de hoxeSonora protesta do persoal público temporal da Xunta!!
O persoal público temporal da xunta de Galicia volveu protestar polos seus dereitos. Desta volta a sonora protesta convocada por CNT en forma de caravana de coches chegou ao Consello da Xunta que se celebraba este pasado xoves.
Seguir lendo Sonora protesta do persoal público temporal da Xunta!!A Xunta ten dous meses para cumprir a sentenza pola que o Tribunal Supremo recoñecía o dereito á carreira profesional a todo o persoal, fixo ou temporal
Agora a Xunta debe cumprir a sentenza nun prazo de dous meses. Entendemos que cumprir a sentenza non seus termos implica abrir de oficio un novo procedemento para que o persoal acredite cumprir os requisitos para acceder ao grao I da carreira profesional e retrotraer os seus efectos económicos á data de 1 de xaneiro de 2019.
Seguir lendo A Xunta ten dous meses para cumprir a sentenza pola que o Tribunal Supremo recoñecía o dereito á carreira profesional a todo o persoal, fixo ou temporalA CNT consegue a primeira sentenza de fixeza entre o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia
A CNT obtén unha vitoria xudicial pola que o Xulgado do Social número 1 de Ourense recoñece a fixeza a un traballador da Xunta no seu posto de traballo. A sentenza reitera a argumentación recente do Tribunal de Xustiza da UE e do Tribunal Supremo, impoñendo a fixeza como sanción efectiva aos 21 anos de fraude na contratación do traballador.
Seguir lendo A CNT consegue a primeira sentenza de fixeza entre o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de GaliciaCaravana de protesta do persoal público temporal da Xunta
A caravana de coches partirá do Pazo de Congresos de Compostela ás 10h ven un chisco antes para ataviar o teu vehículo. De camiño a San Caetano parsaremos polo Edificio Administrativo de San Lázaro para dar unha sonora pitada aos responsables do Consorcio IeB e ver de unir máis coches á marcha.
Seguir lendo Caravana de protesta do persoal público temporal da XuntaO Tribunal Superior de Xustiza confirma o dereito á fixeza do persoal temporal de listas
A CNT obtén unha vitoria xudicial pola que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza recoñece a fixeza a unha traballadora da Xunta no seu posto de traballo. A sentenza reitera a argumentación recente do Tribunal de Xustiza da UE e do Tribunal Supremo, impoñendo a fixeza como sanción efectiva aos 16 anos de fraude na contratación da traballadora.
Seguir lendo O Tribunal Superior de Xustiza confirma o dereito á fixeza do persoal temporal de listasA CNT consegue novas sentenzas favorables de teletraballo na Xunta
A CNT demandou a concesión do teletraballo para varias traballadoras de diferentes Consellerías da Xunta de Galicia.
As recentes sentenzas recaídas en distintos Xulgados do social declaran o dereito para este persoal a teletraballar.
A CNT insta a estender a nova lexislación para todo o persoal público temporal
Desde a CNT recomendamos ao persoal público temporal solicitar a exclusión das súas prazas se estas xa foran convocadas nalgún proceso de estabilización ou consolidación para que lles sexa de aplicación a regulación estatal recollida no BOE de 28 de decembro de 2021.
Seguir lendo A CNT insta a estender a nova lexislación para todo o persoal público temporalNova sentenza de fixeza na Xunta de Galicia
Na CNT continuamos na loita xudicial pola estabilidade do persoal das administracións públicas e valoramos moi positivamente cada unha das sentenzas estimatorias de fixeza que se están a dar, cada vez en máis ámbitos. Estas sentenzas dan a razón aos argumentos de fixeza esgrimidos polo Gabinete Xurídico da CNT fronte ao fraude na contratación e o abuso na temporalidade existente no sector público.
Seguir lendo Nova sentenza de fixeza na Xunta de GaliciaEscrache na despedida de Feijoo
O Multiúsos Fontes do Sar acolleu onte a Xunta Directiva do PP de Galicia, onde Feijoo anunciaba a súa marcha, acompañado dos berros dos e das compañeiras do Consorcio IEB e de persoal temporal da Xunta. A comparecencia do líder dos populares galegos tivo como fondo berros como “feijoo escoita as temporais en loita”.
Seguir lendo Escrache na despedida de Feijoo