ir arriba
Mostrando entradas con la etiqueta Plantas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plantas. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de junio de 2009

AS NOSAS PLANTAS

No mes de maio vivimos unha nova experiencia: decidimos plantar FABAS, GARAVANZOS e LENTELLAS. Estivemos esperando a que naceran as plantas e foran medrando un chisco para poder ensinarvos as fotos. Agora... a seguir coidando delas e con moito cariño.





lunes, 4 de mayo de 2009

Hoxe, dando un paseo, cheguei ata a finca da miña irmá, e alí atopei cousiñas interesantes para vós como esta CERDEIRA que empeza a dar cereixas. Aínda hai que esperar algo a que maduren pero seguro que van a estar riquísimas.


Sabedes que podemos atopar debaixo da terra??? Fixádevos na pista que vos dou.



E aquí que atoparemos??







domingo, 3 de mayo de 2009

AS PLANTAS NOS DAN ALIMENTO

Xa sabemos que as CENORIAS medran agochadas debaixo da terra, non as podemos ver; menos mal que as súas folliñas nos dan unha pista de onde están.
Tampouco podemos ver as PATACAS, nin as CEBOLAS:

Hai plantiñas onde nacen os PEMENTOS e os TOMATES:

Agora xa sabemos que as FRESAS non nacen nas árbores.


No cole estivemos observando esta semana algunhas fotos e con elas xogamos a ser árbores e plantas que nos dan comida rica e importante na nosa dieta. Aprendimos que moitas FROITAS NACEN NAS ÁRBORES:










viernes, 17 de abril de 2009

AS PLANTAS

QUE BOA PINTA TEÑEN ESTAS CEREIXAS!
VEÑA, QUE IMOS PLANTAR UNHA ÁRBORE. QUE GUAI!!
COMO ME GUSTA COIDAR O XARDÍN !!
QUERES PROBAR UNHA FRESA?? ACABO DE RECOLLELA AGORA MESMO.


Mami e papi, coa chegada da PRIMAVERA temos que estar moi atentos ao espertar da natureza: as plantas, os animaliños, os cambios propios desta estación... e nós somos MOI CURIOSOS.
A profe di que non só é interesante coñecer algunhas plantas senón que tamén é moi importante aprender a coidalas, a valoralas e a respectalas.
Ademais hai plantas que nos proporcionan ALIMENTOS, fíxate tí que cousas!
Imos pois ,estes días, aprender algunhas cousiñas, como por exemplo que as fresas non veñen dunha árbore, como nós pensabamos. Nada máis, esperamos que vós, mamis, papis, avoas, avós...tamén nos axudedes a ir observando algunhas cousiñas deste mundo que estamos empezando a descubrir. Graciñas.