Un ano máis puidemos disfrutar da exposición de outono no noso centro.
Que mellor forma para recibilo , que facer voar a imaxinación e crear bonitos diseños coas follas e os froitos que nos agasalla esta estación . Xunto a estas creacións feitas polo alumnado xunto coas súas familias, puidemos ver os diferentes froitos de outono e aprender moitas cousas sobre eles. As follas caen no outono, pero para os alumnos e alumnas de 1º caen de soño e así quixérono reflexar nun recuncho da exposición. ,
Disfrutade desta pequena mostra da exposición e grazas a todos pola vosa colaboración.
O pasado xoves celebramos o Magosto no cole. Preparamos cestos coas castañas e outros cos manteis e diferentes froitos secos que iamos degustar. Mentras as castañas se ían asando xogamos e cantamos. Despois de comer as castañas e saborear os outros froitos ,os de sexto deleitáronnos cun rap do magosto e entregouselles os agasallos aos gañadores da castaña máis grande e da máis pequenna.
Como xa todos ben sabemos o outono é unha estación que inspirou a moitos escritores, polo que ten de nostalxia, de morriña, de saudade... O sol vai deixando paso ás nubes, ao vento e ás chuvias. A natureza amósanos unha paisaxe diferente chea de cores, luces...
Como exemplo, aquí tendes un poema que nos fixeron chegar Florencia e Alba, dúas alumnas de 5ºA, inspiradas tamén por esta estación.
O magosto é unha celebración tradicional galega relacionada coa recollida das castaña.
O aire das frías noites de novembro trae sempre o arrrecendo das castañas asadas.
Nós queremos axudar a manter este costume polo que todos os anos homenaxeamos este froito.
O 30 de outubro celebramos o magosto no colexio. Encontro de mestres e alumnos máis alá de libros e cadernos.
O tempo acompañou e arredor das fogueiras recitamos refráns , cantamos, bailamos, xogamos e comimos unha chea de castañas.
Polo Samaín vimos organizando dende a biblioteca o certame de relatos de medo. Pero queríamos facer tamén partícipes aos máis cativos desta festividade dándolle unha proposta nova:
QUE ME DA MEDO?
Oobxectivo desta actividade era identificar e recoñecer os propios medos. Cada neno escribiu e debuxou o seu medo particular. Os máis comúns foron: ás bruxas, á escuridade, ás arañas, aos lobos, crocodilos, leóns, pantasmas, vampiros e monstros.
PARA SER BRUXA TERRIBLE
(ADAPTACIÓN do poema de Carmen Gil, www.poemitas. com)
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible ( poñer voz misteriosa)
Ser unha bruxa malvada
e nunca lavarse a cara.
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible
É ser perversa e malvada
odiar moito a calquera fada
por ridícula e empalagosa,
sempre vestida de rosa!
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible
Ter o naris encarnado
longo e cunha gran verruga.
e ser máis fea que Picio,
pois o precisa o oficio!!
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible
Ter fétido o alento,
moi negra a dentadura
e levar cuberto o corpo
cunha gran túnica escura.
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible
Ter un sorriso horroroso,
a pel áspera e verdosa,
cara de astuta e bribona
e os pelos coma os da fregona.
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible
Non moverse nunca a pé
sacarse pronto o carné
viaxar a todas horas
en vasoiras voadoras.
Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible Importante o capirucho
con forma de cucurucho
e por cara de enfadada
para parecer moi mala.
E xa para rematar requisito imprescindible será?
pasalo estupendamente
chinchando moito á xente!!!
Queremos felicitarvos por ter colaborado con nós, na realización da fermosa exposición artística de cabazas secas .
A marabillosa transformación que fixestes delas , dá idea da vosa gran habilidade e imaxinación .
O obxectivo de animar á reutilizaciónde materiais ao noso alumnado, cremos que está conseguido, grazas á vosa axuda.
Para poderdes disfrutar dela, invitámosvos a visitala no corredor da planta baixa do noso colexio todos os martes de 16:00 a 18:00 hs.
Continuaremos ao longo do curso dando a coñecer usos tradicionais, refráns, cantigas e ditos sobre as cabazas, remedios, receitas,…para acadar o 2º obxectivo que nos propuxemos : valorar o noso patrimonio.
O próximo día 31 de outubro na Praza Maior de Ponteareas estará esta exposición acompañando a presentación do nº 5 da Revista Oral, organizada pola asociación cultural “Bagaña da Remelisca”, coa que xa colaboramos o curso pasado. Nela falarase do uso tradicional das cabazas secas no noso entorno.
Como ben sabedes xa falta pouco para a Noite de defuntos, tamén chamada Samaín ou Halloween. A nosa biblioteca empeza a prepararse para esas datas co certame de relatos de medo e coa exposición de libros cheos de meigas, pantasmas,magos, monstros e outras criaturas fantásticas. Libros para que vos animedes a ler durante estes días.
Chegada a época de outono poñémonos en contacto con vós para que o noso alumnado coñeza de 1ª man, é dicir, a través do saber dos seus maiores, diferentesaspectos dasnosas tradicións.
O froito elixido éA CABAZA SECAe pedimos a vosa axuda para lograr dous obxectivos:
!º Rememorar xuntos a utilidade que se lle daba hai tempo no noso entorno, a ese tipo de cabaza .
2º Potenciar a idea de que con imaxinación e poucos medios pódese crear, divertir e aprender a REUTILIZAR.
Por iso animámosvos a presentar CABAZAS SECAS (para evitar que apodrezan ) decoradaslibremente, ou transformadas en “instrumentos musicais”,bonecas ou xoguetes ... aproveitando a forma que teñen.Algunhas xa empezaron a chegar como as que vedes na foto.
CON TODAS ELAS MONTAREMOSUNHA EXPOSICIÓN que esperamos teña tanto éxito, coma a do curso pasado, sobre bonecas e xoguetes de millo.
Xa chegou o outono coas súas fermosas cores e perfumes. Vermello, amarelo, laranxa, marrón…son as cores coas que se visten as nosas árbores nesta estación.Baixo os nosos pés exténdese unha alfombra que cubre o chan e que vai acompañando os nosos pasos dunha música especial.
O outono é unha estación que inspirou a moitos escritores, pintores e músicos, polo que ten de nostalxia, de melancolía, de saudade... e, como exemplo, aquí tendes un poema.
A CHUVIA FIXO UN DESCANSO PARA NOS CONCEDER O DESEXO A TODAS E TODOS!
MENTRAS SE ASABAN AS CASTAÑAS BAILAMOS COA MÚSICA DOS TÉCNICOS DE SON
TAMÉN HOUBO XOGOS…
HABÍA DÍAS QUE AS CASTAÑAS AGARDABAN NAS CLASES, XUNTO CO BULLO, PARA SER ASADAS EN FOGUEIRAS AO XEITO TRADICIONAL. PERO… ADEMAÍS CONTAMOS ISTE ANO CUNHA NOVIDADE: O ASADO EN TAMBOR!!!
UNHA REPRESENTACIÓN DA ANPA ESTIVO ASANDO CASTAÑAS PARA OS MAÍS PEQUENOS DO COLEXIO…
AGRADECEMOS MOITO A SÚA COLABORACIÓN!!
POR ÚLTIMO, FIXEMOS ENTREGA DOS DIPLOMAS E AGASALLOS AOS GAÑADORES DO CONCURSO DA CASTAÑA…
Durante estas semanas as espigas de millo reviviron nas vosas mans coa axuda das vosas familias . Estos foron algúns dos resultados.O venres visitáronnos dúas profesoras rumanas e comentáronnos que alí é unha tradicción a elaboración das bonecas coas follas do millo.
Esta semana celébrase a noite na que o mundo real e o mundo maxico únense convirtíndose nun só, a noite de Samaín ou dos defuntos, na que bruxas, e fadas, magos, trasgos, pantasmas, monstruos, vampiros e outras criaturas fantásticas saen dos contos, ese mundo máxico ao que pertencen, para darnos algún pequeno susto. Na biblioteca queremos ensinarvos os libros habitados por ese tipo de seres, por iso presentámosvos unha pequena selección. Celebrámolo tamén contando e lendo historias e relatos de medo durante toda a semana.
Este blog nace ligado á biblioteca do noso centro coa única pretensión de ser unha ferramenta útil ao servizo de toda a comunidade educativa.Neste espazo dixital aparecerán as actividades da nosa biblioteca, recomendacións sobre libros, orientacións para as familias, direccións de páxinas webs interesantes...