Saltar ao contido

Sidón

Sidón
 Nome orixinal
    صيدا (ar) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    صيدا (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Características
 Situación patrimonial
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Período: 1 de xullo de 1996 - Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
1110Cerco de Sídon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Irmandado con
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
200.000
163.554 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   7.000.000 m² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF174159498 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/070rd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Sidón, (árabe: صيدا, Ṣaydā; fenicio: צדן, Ṣydwn; hebreo: צִידוֹן, Ṣīḏōn; grego: Σιδών; latín: Sidon; turco: Sayda) é a terceira maior cidade do Líbano. Áchase na costa do mar Mediterráneo, a uns 40 quilómetros ao norte de Tiro e 50 km ao sur da capital, Beirut.

Sidón foi unha importante cidade de Fenicia, fundada na mesma época que Tiro, Biblos (actual Djebail) e Beritos (Beirut), no III milenio a.C.

Vista da parte nova da cidade.

Aínda que en 1900 tiña unha poboación duns 10.000 habitantes; no 2000 contiña uns 200.000. Posúe unha refinaría de petróleo, e o antigo porto agora só é utilizado por pequenas embarcacións de pesca. Tamén hai moitos cultivos de froita, así como tamén de cereais e vexetais.

Na relixión predomina o islam suní.

O Castelo do Mar, en Sidón.

Foi unha das máis importantes cidades fenicias, talvez a máis antiga. Foi fundado un grande imperio comercial mediterráneo. Homero eloxiou os seus habitantes pola especialización na fabricación de vidro e tecidos de cor púrpura. Foi tamén de aquí de onde saíron os colonos fundadores de Tiro.

Sidón tivo conquistadores filisteos, asirios, babilonios, exipcios, gregos e finalmente romanos, nos anos que decorreron antes de Xesús. Herodes o Grande visitou Sidón; e dise que tanto Xesús como Paulo de Tarso a visitaron.

O 4 de decembro de 1110, Sidón foi saqueada na Primeira Cruzada. Durante as Cruzadas foi saqueada varias veces até que foi finalmente destruída polos sarracenos en 1249. En 1260 foi destruída de novo polos mongois. Os estragos das murallas orixinais son aínda visíbeis.

Logo Sidón permanecería no dominio do Imperio Otomán no século XVII, recuperando unha gran parte da súa anterior importancia comercial. Os exipcios, apoiados por Inglaterra e Francia, capturaron e controlaron a cidade no século XIX. Durante a primeira guerra mundial, os británicos tomaron Sidón; e despois da Guerra, esta tornouse Protectorado dos Franceses no Mediterráneo Oriental.

Panorámica de Sidón dende a cima do "Castelo do Mar", 2009

Panorámica de Sidón dende a cima do "Castelo do Mar", 2009

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]