Saltar ao contido

Saúde mental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saúde mental
Imaxe
Hospital psiquiátrico de Conxo en Santiago de Compostela
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Causado por
Características
 Oposto a
 Dual de
Implicados
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03x69g Editar o valor en Wikidata
MeSHD008603 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2994086099, C134362201, C2992605866, C2992695702 e C2992763546 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX526655
Wikidata C:Commons
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A saúde mental é un estado de benestar psicolóxico e social relacionado co equilibrio entre unha persoa e o seu contorno sociocultural, o que favorece a súa participación laboral, intelectual e nas relacións sociais para alcanzar unha boa calidade de vida.

O termo «saúde mental» emprégase por analoxía co de «saúde física», pois abrangue dimensións máis complexas ca o funcionamento exclusivamente orgánico do individuo. Ambas forman parte da saúde xeral. O concepto inclúe o benestar subxectivo, a autonomía e o potencial emocional, entre outros.

As precisións da Organización Mundial da Saúde establecen que a saúde mental non é só a ausencia de trastornos mentais. Defínese como un estado de benestar no que as persoas poden desenvolver as súas capacidades, afrontar as tensións habituais da vida, aprender, traballar adecuadamente e contribuír á súa comunidade.[1]

Desde 1992, o 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental, promovido pola Federación Mundial para a Saúde Mental.[2][3]

Saúde mental e trastornos mentais

[editar | editar a fonte]

Un punto no que coinciden diferentes especialistas é que a saúde mental e os trastornos mentais non son conceptos necesariamente opostos. É dicir, a ausencia dun trastorno ou desorde mental diagnosticado non indica necesariamente que se teña unha boa saúde mental e, á inversa, padecer un determinado trastorno mental non constitúe un impedimento absoluto para gozar dun benestar mental razoabelmente bo.[1]

Avaliación da saúde mental

[editar | editar a fonte]

A observación do comportamento dunha persoa na súa vida diaria pode achegar información sobre o estado da súa saúde mental en aspectos como a xestión dos seus temores e o uso das súas capacidades, as súas competencias e responsabilidades, a maneira de afrontar as súas tensións e atender as súas necesidades, as súas relacións interpersoais e a maneira en que leva unha vida independente. Ademais, o comportamento ante situacións difíciles e a maneira de afrontar experiencias traumáticas poden proporcionar información adicional. Con todo, a valoración da saúde mental require considerar tamén os pensamentos, os sentimentos e o contexto persoal e social.[4]

  1. 1 2 "Salud mental". Organización Mundial da Saúde (en castelán). 11 de setembro de 2026.
  2. ↑ "WFMH President's Foreword". World Federation for Mental Health (en inglés).
  3. ↑ "Día Mundial de la Salud Mental - 10 de octubre". Organización Mundial da Saúde (en castelán). Consultado o 3 de marzo de 2025.
  4. ↑ "Mental health assessments". National Health Service (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]