Ralph Lauren
(2013) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de outubro de 1939 Bronx |
| Executive chairperson (en) | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade da Cidade de Nova York Marsha Stern Talmudical Academy (en) Salanter Akiba Riverdale Academy Baruch College (en) DeWitt Clinton High School (en) Zicklin School of Business (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | deseñador de moda |
| Patrimonio estimado | 12.700 M$ (2025) |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
| Familia | |
| Cónxuxe | Ricky Lauren |
| Fillos | David Lauren, Dylan Lauren |
| Premios | |
| |
| Sitio web | ralphlauren.com |

Ralph Lauren, nado co nome de Ralph Lifshitz en Nova York o 14 de outubro de 1939, é un deseñador de moda estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus pais son orixinarios de Rusia. Comezou a estudar economía no City College de Manhattan, pero deixouno pouco antes de graduarse. Traballou un tempo como vendedor de luvas e posteriormente para un fabricante de gravatas. Este traballo inspirouno a deseñar a súa propia liña de gravatas.
En 1967 abriu a súa primeira tenda de gravatas. En 1968 introduciu unha liña completa para cabaleiros, e en 1971 a liña para damas.
O deseñador é sobre todo coñecido pola súa marca "Polo by Ralph Lauren". A prestixiosa marca de roupa Ralph Lauren é universalmente comprada e manipulada, sendo considerada unha das mellores marcas do mercado. Tamén existe unha marca de perfumes do mesmo nome, que ó igual que a marca de roupa é moi usado, vendido e recoñencido como un dos máis finos e elegantes existentes no mercado. Tanto a vestimenta como os perfumes son recoñecibles polos típicos logotipos de Ralph Lauren: o xogador de Polo e a bandeira RL.