Saltar ao contido

Pescara

Pescara
 Nome orixinal
    Pescara (it)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Pescara (it)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
pescaresi (it)  
aternini (vec)  
pescarais (fr)  
aternini (it)  
pescarezi (vec)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Imaxe
Fotomontaxe
Características
 Conéctase con
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Pescara Editar o valor en Wikidata
Marco Alessandrini (en) Traducir (2014 - )
Carlo Pace (1994 - 2003)
Luciano D'Alfonso (2003 - 2009)
Antonio Mancini (pt) Traducir (1956 - 1963)
Vincenzo Chiola (en) Traducir (1951 - 1956)
Luigi Albore Mascia (en) Traducir (2009 - 2014) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Situado en
 Xeografía
 Bañado por
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
120.525 (2016)
120.286 (2017) balance demográfico
119.217 (2018) balance demográfico
118.657 (2023) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   34,36 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   11 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal65121–65129 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap42014 Editar o valor en Wikidata
VIAF233790670 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03f2hc Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX455208
Wikidata G:Commons C:Commons

Pescara (/peˈskaːra/, Pescàrë en dialecto abruzo, Piscàrë en pescarese[1]) é unha cidade italiana de 120 286 habitantes,[2] capital da provincia de Pescara, na rexión dos Abruzos, no centro de Italia. Esténdese por unha área de 34 km², é a cidade máis poboada dos Abruzos, con 125 717 habitantes (2017) (e aproximadamente 450 000 incluíndo a área metropolitana circundante). Situada na costa do Adriático na desembocadura do río Aterno-Pescara, o municipio actual formouse en 1927, uníndose ao municipio de Pescara, a parte da cidade ao sur do río (pertencente á provincia de Chieti), e Castellamare Adriatico (da provincia de Teramo), a parte da cidade ao norte do río. A área circundante forma a provincia de Pescara. O poeta Gabriele D'Annunzio, nado nesta cidade, foi un dos principais impulsores da creación da nova cidade.

As orixes de Pescara son anteriores á conquista romana. O nome, tanto de ámbalas dúas cidades coma o do río, era Aternum.​ Estaba unida a Roma pola Vía Claudia Valeria e a Via Tiburtina. A cidade era un porto importante para o comercio coas provincias orientais do Imperio e o principal edificio na cidade era o templo de Jovis Aternium.

A principal rúa comercial da cidade é Corso Umberto I, que vai desde a Piazza della Repubblica e chega á praia de Piazza Primo Maggio . O rectángulo que forma con Corso Vittorio Emanuele II e Via Nicola Fabrizi inclúe o principal distrito comercial onde se atopan varias das mellores tendas de moda. O Corso Manthonè, o curso do vello Pescara, foi durante moitos anos o centro da vida nocturna da cidade. O Concello e a administración da provincia atópanse na Piazza Italia, preto do río, e no área entre aquí e as facultades de Economía, Arquitectura, Linguas Estranxeiras e Literatura da Universidade G. d'Annunzio ao sur, un barrio de negocios creceu ao longo dos anos. Ao sur inmediato da desembocadura do río atópase a mariña. Pescara tamén ten un importante aeroporto internacional chamado Aeroporto de Abruzzo e un dos máis importantes e principais portos turísticos do Mar Adriático e de Italia, o Porto de Pescara.

A cidade ten un equipo de fútbol, ​​Pescara Calcio 1936, que en xuño de 2012 ascendeu á Serie A, a máxima división do Fútbol en Italia.

Pescara acolleu os Xogos Mediterráneos de 2009, derrotando a Rijeka en Croacia e Patras en Grecia para o privilexio.

Entre 1924 e 1961, Pescara acolleu a carreira automobilística Coppa Acerbo, que en 1957 foi a penúltima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1.

Desde 2011 a edición italiana do Ironman 70.3 ten lugar na cidade de Pescara, escollida polas características do territorio, pola posibilidade de construír unha competición que parte do mar continúa cara ás montañas e remata no centro da cidade.[3]

  1. AA.VV. (1996). Dizionario di toponomastica. Storia e significato dei nomi geografici italiani (en italiano). Milán: GARZANTI.
  2. "Popolazione residente al 30 novembre 2017" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
  3. "IRONMAN 70.3 Italy". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.