Os panterinos diferéncianse do resto dos félidos pola ausencia de osificación total na garganta, característica que lles permite ruxir. Así mesmo, adoitan ter un tamaño moito maior que o do resto de félidos e unha musculatura e forza máis desenvolvidas, sendo na súa maioría os depredadores dominantes nos seus hábitats. Salvo o león (Panthera leo), todos son animais predominantemente solitarios.
As orixes evolutivas dos panterinos encóntrase no continente asiático, onde apareceron no Plioceno. Os primeiros panterinos, eran felinos de tamaño e aspectos similares aos dun gato doméstico, provisto de cola longa, patas curtas e hábitos tanto arborícolas como terrestres. O seu corpo está recuberto por diferentes clases de manchas que recordan ás da pantera nebulosa (Neofelis nebulosa), o irbis ou pantera das neves (Panthera uncia) e o leopardo (Panthera pardus). Crese que os primeiros panterinos, que tamén vivían en hábitats boscosos, posuían unha pelaxe densamente manchada co fin de camuflarse e capturar máis facilmente as súas presas. Estas manchas perdéronse hoxe en día no león (aínda que sobreviven nos seus cachorros, esvaecéndose máis tarde) e o tigre (Panthera tigris), onde se uniron para orixinar as características raias deste animal.
De acordo con evidencias xenéticas e moleculares, crese que tras a liña do gato xaspeado se independizaron de forma separada as da pantera nebulosa (froito dunha adaptación máis marcada á vida arborícola) e o leopardo das neves (debido á colonización das montañas de Asia Central). O xénero Panthera, representado orixinalmente por animais de talle similar ao dun leopardo, orixinouse a finais do Plioceno en Asia oriental e pouco despois colonizou África. No primeiro lugar evolucionaron os tigres, mentres que no segundo orixináronse posteriormente os antepasados dos leóns e leopardos. Estes dous últimos animais expandíronse a comezos do Plistoceno por Eurasia e colonizaron en distintos momentos América a través da ponte de terra que unía periodicamente Siberia e Alasca. Foi no primeiro destes procesos migratorios, hai pouco máis dun millón de anos, cando se independizou a liña evolutiva do xaguar (Panthera onca) da do seu máis próximo parente vivo, o leopardo, pois os xaguares están máis estreitamente relacionados coa extinta Panthera atrox. Todas as especies actuais de panterinos están ameazadas en maior ou menor medida pola actividade humana e desapareceron de varias áreas onde antano eran abundantes.
12Don E. Wilson & DeeAnn M. Reeder (editors). 2005.Subfamilia PantherinaeArquivado 20 de marzo de 2013 en Wayback Machine. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed), Johns Hopkins University Press, 2,142 pp
↑A. Wilting, V. Buckley-Beason, H. Feldhaar, J. Gadau, S. O'Brien and K. Linsenmair. Clouded leopard phylogeny revisited: support for species recognition and population division between Borneo and Sumatra
↑Yu, L. y Zhang, Y. P. (2005) «Phylogenetic studies of pantherine cats (Felidae) based on multiple genes, with novel application of nuclear beta fibrinogen intron 7 to carnivores». Molecular Phylogenetetic Evolution, 35(2): 483–495
Seidensticker, John & Susan Lumpkin (1991): Great Cats. Majestic Creatures of the Wild. Emmaus, Pensilvania, USA: Rodale Books, Inc. ISBN 978-1-875137-90-9.