Nabopolasar
| Biografía | |
|---|---|
| Morte | 15 de agosto de 605 a. C. |
| Rei de Babilonia | |
| 626 a. C. – 605 a. C. ← Sinsariscum (pt) | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Familia | Dinastía caldea |
| Fillos | Nabu-suma-lisir, Nabucodonosor II |
| Pai | Nabucodonosor |
| Parentes | Ciaxares, xenro |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 |
Nabopolasar, finado en 605 a. C., foi o fundador do Imperio Neobabilónico e da dinastía caldea. Reinou en Babilonia dende o ano 626 a. C. ata o ano 605 a. C. Liquidou o Imperio Asirio en estreita alianza co rei de Media Ciaxares.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Parece ser que foi un xeneral caldeo que, tras a morte de Assurbanipal, desafiou o poder asirio sobre Babilonia ata facerse co poder. A partir do 616 a. C., Nabopolasar realiza unha serie de ofensivas sometendo ás cidades do río Éufrates medio acadando Suhu e Hindanu (Harran). No ano 615 a. C. remontou o río Tigris ata Assur, pero non chegou a facerse coa cidade emblemática dos asirios.
Tentou gañarse a amizade de Elam mediante a devolucion de estatuas de deuses; pero, moi cedo, decatouse que os vencellos debían afianzarse con Ciaxares de Media, o cal adiantarase a esmagar Assur no 614 a. C. Nesa mesma cidade acabada de arrasar, concertou unha alianza duradeira cos medos, casando ao seu fillo Nabucodonosor II cunha princesa meda. Froito desta entente foi a destrución de Nínive no ano 612 a. C. Co apoio de Exipto, caería Harran no ano 609 a. C. A seguir volveuse contra Urartu.
Máis adiante, enviaría ao seu fillo e herdeiro Nabucodonosor II a unha exitosa campaña sobre Siria e Fenicia arrebatando o seu dominio aos exipcios.
Nabopolasar practicou a deportación masiva para debilitar aos pobos e previr rebelións. Iniciou grandes construcións, que remataría esplendorosamente o seu fillo.