Michael Rasmussen
| Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 1 de xuño de 1974 Tølløse | |||||||||||||||||||||||||
| Altura | 175 cm | |||||||||||||||||||||||||
| Peso | 60 kg | |||||||||||||||||||||||||
| Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | ciclista | |||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Dinamarca | |||||||||||||||||||||||||
| Deporte | ciclismo de montaña | |||||||||||||||||||||||||
| Disciplina deportiva | ciclismo en ruta ciclismo en pista | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | ||||||||||||||||||||||||||
| 2012 | UCI Europe Tour 2012 (pt) | |||||||||||||||||||||||||
| 2012 | UCI Asia Tour de 2011-2012 (pt) | |||||||||||||||||||||||||
| 28 de outubro de 2010 | UCI Europe Tour de 2010-2011 (pt) | |||||||||||||||||||||||||
| 2010 | 2009–10 UCI America Tour (en) | |||||||||||||||||||||||||
| 2006 | UCI ProTour de 2006 (pt) | |||||||||||||||||||||||||
| 2005 | UCI ProTour de 2005 (pt) | |||||||||||||||||||||||||
| 2004 | Xogos Olímpicos de 2004 | |||||||||||||||||||||||||
| 2003 | 2003 UCI Road World Rankings (en) | |||||||||||||||||||||||||
| 2002 | 2002 UCI World Road Rankings (en) | |||||||||||||||||||||||||
| 2000 | Xogos Olímpicos de 2000 | |||||||||||||||||||||||||
| Tour de Francia | ||||||||||||||||||||||||||
| Vuelta a España |
||||||||||||||||||||||||||
| Premios | ||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Michael Rasmussen, nado en Tølløse, Dinamarca, o 1 de xuño de 1974, é un ciclista dinamarqués. Chámanlle O polo voador. Despois de ser campión de mundo de cross-country con bicicleta de montaña, fíxose ciclista de estrada, especialista nas probas de montaña.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Os inicios da súa carreira son en bicicleta de montaña e obtén o campionato do mundo en 1999. En 2002 pásase ao ciclismo en estrada e á profesionalidade, ao fichar polo CSC-Tiscali. En 2003 troca as cores ao fichar polo Rabobank.
Os seus maiores éxitos profesionais obtívoos no Tour de Francia e nas edicións de 2005, 2006 e 2007 gañou cadansúa tirada e levou posto o maillot amarelo cando menos unha xornada. Ademais, obtivo o mailló de puntos vermellos que o acreditou como campión da montaña nas edicións de 2005 e 2006.
O seu grande ano puido ser o 2007. Venceu na segunda tirada alpina do Tour, apañou o maillot amarelo e mantívoo durante nove tiradas, gañando incluso a tirada raíña dos Pireneos con chegada no porto de Aubisca, e ampliando a súa vantaxe. Porén, cando tiña todo para vencer a rolda gala, foi apartado da proba polo seu propio equipo, o Rabobank. As razóns dadas pola dirección do conxunto foron que Michael Rasmussen non se presentara a dous controis antidopaxe previos ao Tour escusándose en que estivera en México. Cando se comprobou que iso era falso, foi expulsado. A ausencia dos controis xa provocara que a Federación Dinamarquesa de Ciclismo o excluíse dos mundiais de 2008 e dos Xogos de Beixín.
Téñeno comparado, pola súa forma de rodar na montaña, co máis famoso dos ciclistas dinamarqueses, Bjarne Riis. Ten sona de maniático co peso. Malia medir 1,75 m só pesa 59 kg, non transporta botella con auga, ten modificado o deseño da súa bicicleta para reducir o peso, e leva zapatos máis pequenos do que lle cómpren para aforrar tamén carga. Vive en Castelnuovo del Garda (Italia), nas ribeiras do lago de Garda.
| Predecesor: Christophe Dupouey |
campo a través 1999 en Åre |
Sucesor: Miguel Martinez |
| Predecesor: Richard Virenque |
2005 e 2006 |
Sucesor: Mauricio Soler |
Principais vitorias
[editar | editar a fonte]- Campión do mundo de ciclismo de montaña 1999.
- 3 tiradas do Tour de Francia, en 2005, 2006 e 2007.
2 veces campión da montaña no Tour de Francia: 2005 e 2006.- 7º no Tour de Francia 2005.
- 1 tirada na Vuelta a España, en 2003.