Kintyre (Ceann Tìre en gaélico escocés, literalmente "promontorio")[1] é unha península do oeste de Escocia, no suroeste do condado de Argyll e Bute. Ten unha lonxitude de aproximadamente 48km, dende o Mull of Kintyre no sur (ao que Paul McCartney adicou unha coñecida canción en 1977), até o to East Loch Tarbert no norte. A rexión lindeira con esta penínusla polo norte chámase Knapdale.
Xeograficamente, a península de Kintyre é alongada e estreita, xa que en ningún punto supera os 18km de costa a costa. A parte central da penínusla está composta principalmente por páramos montañosos, mentres que as zonas costeiras e parte do interior están compostas por terras fértiles. Así pois, Kintyre foi unha zona de frecuentes asentamentos humanos, dende os primeiros escotos que migraron dende o Ulster para o oeste de Escocia, até os viquingosnoruegueses que conquistaron a área cara ao ano 1000.
A illa de Gigha sitúase en fronte a Kintyre. A localidade máis grande da zona é Campbeltown (a uns 9km do Mull por estrada), que ostenta o título de "Burgo Real" dende mediados do século XVIII.
A economía da zona baséase tradicionalmente na pesca e a agricultura, aínda que Campbeltown gañouse tamén unha reputación polo seu whisky de malte, en especial o seu premiado Springbank.