Kenneth Copeland
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de decembro de 1936 Lubbock |
| Residencia | Fort Worth |
| Relixión | Teologia da prosperidade (pt) |
| Educación | Oral Roberts University (en) Polytechnic High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, evanxelista, teleevanxelista, predicador |
| Período de actividade | 1967 |
| Partido político | Partido Republicano |
| Movemento | Movimento Carismático (pt) |
| Selo discográfico | Imperial |
| Familia | |
| Cónxuxe | Gloria Copeland |
| Sitio web | kcm.org |
Kenneth Max Copeland, nado en Lubbock, Texas, o 6 de decembro de 1936, é un teleevanxelista estadounidense e autor asociado co Movemento Carismático, predicador da teoloxía da prosperidade.[1] Foi obxecto de varias controversias polo uso das doazóns recibidas para financiar mansións, jets privados, un aeroporto e outras adquisicións persoais.[2][3]
No ano 2020, durante a pandemia de COVID-19, Copeland fíxose notable no ámbito nacional dos Estados Unidos polos seus comentarios e accións con respecto á pandemia. Afirmou repetidamente que a pandemia suporía a fin do mundo, que el podía curar os seus seguidores, e que estes deberían seguir pagándolle décimos aínda que perdesen o seu traballo durante a crise económica provocada pola pandemia.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Burton, Tara Isabella (1 de setembro de 2017). "The prosperity gospel, explained: Why Joel Osteen believes that prayer can make you rich". Vox (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2020.
- ↑ Goodstein, Laurie (15 de agosto de 2009). "Believers Invest in the Gospel of Getting Rich". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 12 de marzo de 2020.
- ↑ "A wealthy televangelist explains his fleet of private jets: ‘It’s a biblical thing’". The Washington Post. 2019.
- ↑ Woodward, Alex (6 de abril de 2020). "Coronavirus: Televangelist Kenneth Copeland ‘blows wind of God’ at Covid-19 to ‘destroy’ pandemic". The Independent. Consultado o 6 de abril de 2020.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |