Dende que adoptou un plan de crecemento e expansión internacional en 2001, Iberdrola pasou a ser o grupo enerxético máis grande de España por capitalización de mercado,[2] o líder global no sector da enerxía eólica[3] e unha das principais empresas de electricidade do mundo por capitalización de mercado. A empresa é parte do índice bolsistaEuro Stoxx 50.[4]
Froito das diversas fusións e adquisicións que deron pé a Iberdrola, a compañía posúe varias empresas hidroeléctricas que operan en diversos ríos galegos, como Saltos del Sil.[5]