Saltar ao contido

IRAS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
IRAS
Imaxe
 Instancia de
Características
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Datas
 Lanzamento
26 de xaneiro de 1983 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Diámetro
   0,57 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
   1.073 kg Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   103 min Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF312821839 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01rzq0 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

IRAS (acrónimo de Infrared Astronomical Satellite) foi un observatorio espacial conxunto entre a NASA, os Países Baixos e o Reino Unido, lanzado o 26 de xaneiro de 1983 mediante un foguete Delta 3910 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

IRAS foi lanzado para facer un estudo completo do ceo no rango de lonxitudes de onda do infravermello entre os 8 e os 120 micrómetros. As observación de IRAS aumentaron nun 70% o catálogo de obxectos infravermellos coñecidos no ceo, chegando a detectar 350.000 fontes infravermellas.[4][1][2][3]

IRAS levaba a bordo un telescopio de tipo Ritchey-Chretien refrixerado por helio a unha temperatura de 10 K e que contiña 62 detectores que en conxunto podían observar en bandas centradas en 12, 25, 60 e 100 micrómetros e cunha precisión na localización dos obxectos observados de 0,5 minutos de arco. Tamén levaba un espectrómetro de baixa resolución e un fotómetro para as lonxitudes de onda de 60 e 100 micrómetros.[1][2]

IRAS deixou de funcionar o 21 de novembro de 1983.[1][2]

Os seus datos fixeron posible a descuberta de Faetón.

  1. 1 2 3 4 NASA (27 de marzo de 2013). "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013.
  2. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013.
  3. 1 2 Mark Wade (2011). "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013.
  4. ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]