As guerras carlistas foron unha sucesión de guerras civís en España ao longo do século XIX. Debéronse, por unha banda, a unha disputa polo trono e, por outra, a un enfrontamento entre principios políticos opostos. O carlistas, que loitaban baixo o lema de «Deus, País e Rei», encarnaban unha oposición reaccionaria ao liberalismo e defenderon o monarquía tradicional, os dereitos da Igrexa e os foros, mentres os liberais reclamaban profundas reformas políticas a través dun goberno constitucional e parlamentario.
Segundo o historiador Alfonso Bullón de Mendoza, todos os testemuños da época coinciden en que en 1833 os carlistas eran superiores en número aos seus rivais, inda que a maioría dos carlistas non podían actuar activamente debido á represión do goberno.[1] Xeograficamente, onde maior apoio popular tiña a causa do infante Carlos María Isidro foi en gran parte de Castela a Vella, a área de Tortosa e a montaña de Cataluña, e onde estaban mellor organizados os seus seguidores era en Castela a Vella, Estremadura e Andalucía.[1] Porén, onde finalmente triunfou o levantamento carlista foi na maior parte do País Vasco e Navarra, dado que a lexislación provincial, que deixaba a subinspección dos órganos en mans dos respectivos concellos, permitira que os Voluntarios Realistas non foran purgados alí como no resto de España.[1]