Ferae
| Ferae Rango fósil: 79,47 Ma-0 Ma Cretáceo tardío - Holoceno[1] | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||
| |||||||
| Principais subgrupos | |||||||
Para outros grupos, ver texto | |||||||
| Sinonimia | |||||||
Ferae (Feras, "bestas salvaxes") é unha mirorde[8] de mamíferos placentarios[9][10] dentro da grandorde Ferungulata, que agrupa os clados Pan-Carnivora (que inclúe os carnívoros e os seus parentes fósiles, como os hienodontes) e Pholidotamorpha (pangolíns e os seus parentes fósiles).
Características xerais
[editar | editar a fonte]Da mirorde Ferae
[editar | editar a fonte]As características comúns dos membros desta mirorde son:[11][12]
- tenda do cerebelo osificada;
- fusión dos ósos escafoide e semilunar do pulso;
- rede de canles venosas diploicas na bóveda cranial.[13]
Thinocyon medius
Do clado Pan-Carnivora
[editar | editar a fonte]Características comúns dos membros do clado Pan-Carnivora son:
- visión binocular;
- gadoupas afiadas;
- dentes heterodontes que son afiados e para cortar a carne;
- dentes caninos usualmene grandes, cónicos, bicudos, grosos e resistentes á tensión;
- presenza do dente carniceiro.
Os dentes carniceiros son unha característica que permite distinguir os Carnivoramorpha, Oxyaenodonta e Hyaenodonta doutros mamíferos placentarios carnívoros.[11] Porén, estes mamíferos diferéncianse entre eles na posición dos dentes carniceiros e o número de molares. Os dentes carniceiros dos Carnivoramorpha están localizados en P4 e m1, en Oxyaenodonta están en M1 e m2, e en Hyaenodonta e parentes próximos están en M2 e m3. Isto parece ser un caso de posible converxencia evolutiva como adaptación a unha dieta similar.[11]
Simidectes merriami
Clasificación e filoxenia
[editar | editar a fonte]Grupos irmáns de Ferae
[editar | editar a fonte]Segundo estudos recentes, os parentes máis próximos de Ferae son membros do clado Pan-Euungulata (grupo que inclúe a mirorde Euungulata[14][15] e o xénero extinto Protungulatum). En conxunto forman a grandorde Ferungulata.
Unha filoxenia alternativa sostén que o parente máis próximo de Ferae é a orde Perissodactyla, coa cal forman o clado Zooamata. Xuntos, o clado Zooamata e a orde Chiroptera forman o clado Pegasoferae,[16] e Pegasoferae é un taxon irmán da orde Artiodactyla dentro do clado Scrotifera. Porén, os estudos moleculares posteriores xeralmente non conseguiron apoios para esta proposta.[17][18][19][20][21]
Posición dos pangolíns e creodontes dentro do clado
[editar | editar a fonte]Pensábase desde hai moito tempo que os pangolíns eran os parentes máis achegados dos oricteropódidos e xenartros, formando o agora obsoleto orde Edentata. As investigacións baseadas en técnicas de inmunodifusión[22] e comparación de secuencias de proteínas e ADN[23][24][25] revelaron as estreitas relacións entre os pangolíns e os carnívoros, cos cales tamén comparten unhas poucas características morfolóxicas e anatómicas derivadas pouco comúns, como a osificación da tenda do cerebelo a a fusión dos ósos escafoide e semilunar do pulso. O último antepasado común dos Ferae existentes suponse que se diversificou hai uns 79,47 millóns de anos.[1]
Aínda que houbo un forte apoio á inclusión da orde Creodonta en Ferae, xeralmente foron recuperados como un taxon irmán da orde Carnivora.[9] A análise filoxenética de Halliday et al. (2015) de centos de caracteres morfolóxicos de placentarios do Paleoceno atoparon, ao contrario, que os creodontes poderían ser o grupo irmán de Pholidotamorpha (pangolíns e os seus parentes troncais).[26] Porén, estudos recentes mostraron que Creodonta é un taxon polifilético non válido. Os membros deste grupo son agora parte do clado Pan-Carnivora e taxon irmán de Carnivoramorpha (os carnívoros e os seus parentes troncais), divididos en dous gupos: orde Oxyaenodonta por unha parte e a orde Hyaenodonta e os seus parentes troncais por outra, xéneros Simidectes[27][28] e Altacreodus.[29][30][31][32][33]
Porén, nos anos recentes a monofilia dos carnivoramorfos foi posta en dúbida, e os Viverravidae considéranse basais do clado que contén os hienodontes, oxiénidos e carnívoros.[34][35][36]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]| Clasificación anterior (McKenna & Bell, 1997):[10] | Clasificación actual: |
|---|---|
|
|
Clasificación altenativa e posibles membros fósiles
[editar | editar a fonte]En Halliday et al. (2015) varios mamíferos euterios do Paleoceno enigmáticos propuxéronse como posibles membros de Ferae, como membros das ordes Mesonychia, Pantodonta e Taeniodonta e familias Arctocyonidae, Didelphodontidae, Nyctitheriidae, Palaeoryctidae, Periptychidae e Triisodontidae.[26] Propúxose que os mesoniquios son un grupo irmán dos carnivoramorfos, mentres que os arctociónidos eran polifiléticos, cos xéneros Arctocyon e Loxolophus como taxons irmáns dos pantodontes e periptíquidos, Goniacodon e Eoconodon son irmáns do clado Carnivoramorpha-Mesonychia, e outros xéneros aliados cos creodontes e palaeoríctidos.[26] Estes Ferae ampliados tamén serían un grupo irmán da orde Chiroptera,[26] se ben estudos recentes discuten a corrección desta clasificación.[38][39]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Sean P. Heighton, Rémi Allio, Jérôme Murienne, Jordi Salmona, Hao Meng, Céline Scornavacca, Armanda D. S. Bastos, Flobert Njiokou, Darren W. Pietersen, Marie-Ka Tilak, Shu-Jin Luo, Frédéric Delsuc, Philippe Gaubert (2023.) "Pangolin genomes offer key insights and resources for the world's most trafficked wild mammals"
- ↑ Haeckel, Ernst (1866.) "Generelle Morphologie der Organismen." Berlin: Georg Reimer.
- ↑ Haeckel, Ernst (1895). Systematische Phylogenie: Wirbelthiere (en alemán) T.3. Berlin: G. Reimer.
- ↑ Zagorodniuk, I. (2008.) "Scientific names of mammal orders: from descriptive to uniform" Visnyk of Lviv University, Biology series, Is. 48. P. 33-43
- ↑ Kalandadze, N. N. and S. A. Rautian (1992.) "Systema mlekopitayushchikh i istorygeskaya zoogeographei [The system of mammals and historical zoogeography]." Sbornik Trudov Zoologicheskogo Muzeya Moskovskogo Goschdarstvennoro Universiteta 29:44–152.
- ↑ Edward Newman (1843.) "The Zoologist: a monthly journal of natural history. (Vol. 1)", Londres, J. Van Voorst
- ↑ Amrine-madsen, H.; Koepfli, K.P.; Wayne, R.K.; Springer, M.S. (2003). "A new phylogenetic marker, apolipoprotein B, provides compelling evidence for eutherian relationships". Molecular Phylogenetics and Evolution 28 (2): 225–240. Bibcode:2003MolPE..28..225A. PMID 12878460. doi:10.1016/S1055-7903(03)00118-0.
- ↑ A mirorde é unha categoría taxonómica usada para clasificar algúns clados. Unha mirorde está dentro dunha grandorde, e á súa vez comprende unha ou varias ordes.
- 1 2 McKenna, M. C. (1975). Luckett, W. P.; Szalay, F. S., eds. Phylogeny of the Primates (Capítulo: Toward a phylogenetic classification of the Mammalia). Nova York: Plenum. pp. 21–46.
- 1 2 McKenna, M. C.; Bell, S. K. (1997). Classification of Mammals: Above the Species Level. Columbia University Press. p. 631. ISBN 978-0-231-52853-5. Consultado o 2024-09-16.
- 1 2 3 Floréal Solé & Thierry Smith (2013.) "Dispersals of placental carnivorous mammals (Carnivoramorpha, Oxyaenodonta & Hyaenodontida) near the Paleocene-Eocene boundary: a climatic and almost worldwide story" Geologica Belgica 16/4: 254–261
- ↑ Gaudin, Timothy J.; Gaubert, Philippe; Billet, Guillaume; Hautier, Lionel; Ferreira-Cardoso, Sérgio; Wible, John R. (2020-01-01). Challender, Daniel W. S.; Nash, Helen C.; Waterman, Carly, eds. "Pangolins (Capítulo 1: Evolution and morphology)". Biodiversity of World: Conservation from Genes to Landscapes (en inglés). Academic Press. pp. 5–23. ISBN 978-0-12-815507-3. doi:10.1016/b978-0-12-815507-3.00001-0. Consultado o 2020-02-26.
- ↑ Guillaume Billet, Lionel Hautier, Timothy J. Gaudin, John J. Flynn, Irina Ruf, Sandrine Ladaveze, Cassandre Tornero, Nicole M. Wong, Philippe Gaubert (2025.) "Unlocking phylogenetic signal: A remarkable network of diploic veins in pangolin and carnivoran crania", in "The Society of Vertebrate Paleontology 85th annual meeting"[Ligazón morta]
- ↑ Beck, Robin MD; Bininda-Emonds, Olaf RP; Cardillo, Marcel; Liu, Fu-Guo; Purvis, Andy (13 de novembro de 2006). "A higher-level MRP supertree of placental mammals". BMC Evolutionary Biology 6 (1): 93. PMC 1654192. PMID 17101039. doi:10.1186/1471-2148-6-93.
- ↑ Zhou, X.; et al. (2011). "Phylogenomic analysis resolves the interordinal relationships and rapid diversification of the Laurasiatherian mammals". Systematic Biology 61 (1): 150–64. PMC 3243735. PMID 21900649. doi:10.1093/sysbio/syr089. (Acceso adiantado; publicado en liña o 7 de setembro de 2011)
- ↑ Nishihara, H.; Hasegawa, M; Okada, N (2006). "Pegasoferae, an unexpected mammalian clade revealed by tracking ancient retroposon insertions". Proceedings of the National Academy of Sciences 103 (26): 9929–34. Bibcode:2006PNAS..103.9929N. PMC 1479866. PMID 16785431. doi:10.1073/pnas.0603797103.
- ↑ Matthee, Conrad A.; Eick, Geeta; Willows-Munro, Sandi; Montgelard, Claudine; Pardini, Amanda T.; Robinson, Terence J. (2007). "Indel evolution of mammalian introns and the utility of non-coding nuclear markers in eutherian phylogenetics". Molecular Phylogenetics and Evolution 42 (3): 827–837. Bibcode:2007MolPE..42..827M. PMID 17101283. doi:10.1016/j.ympev.2006.10.002.
- ↑ Springer, M.S.; Burk-Herrick, A.; Meredith, R.; Eizirik, E.; Teeling, E.; O'Brien, S.J.; Murphy, W.J. (2007). "The adequacy of morphology for reconstructing the early history of placental mammals". Systematic Biology 56 (4): 673–684. PMID 17661234. doi:10.1080/10635150701491149.
- ↑ Kitazoe, Yasuhiro; Kishino, Hirohisa; Waddell, Peter J.; Nakajima, Noriaki; Okabayashi, Takahisa; Watabe, Teruaki; Okuhara, Yoshiyasu (2007). Hahn, Matthew, ed. "Robust Time Estimation Reconciles Views of the Antiquity of Placental Mammals". PLOS ONE 2 (4 (número de artigo: e384)). Bibcode:2007PLoSO...2..384K. PMC 1849890. PMID 17440620. doi:10.1371/journal.pone.0000384.
- ↑ Zhou, Xuming; Xu, Shixia; Xu, Junxiao; Chen, Bingyao; Zhou, Kaiya; Yang, Guang (2011). "Phylogenomic Analysis Resolves the Interordinal Relationships and Rapid Diversification of the Laurasiatherian Mammals". Systematic Biology 61 (1): 150–164. PMC 3243735. PMID 21900649. doi:10.1093/sysbio/syr089.
- ↑ Tsagkogeorga, G; Parker, J; Stupka, E; Cotton, JA; Rossiter, SJ (2013). "Phylogenomic analyses elucidate the evolutionary relationships of bats (Chiroptera)". Current Biology 23 (22): 2262–2267. PMID 24184098. doi:10.1016/j.cub.2013.09.014.
- ↑ Shoshani, J. (1986-05-01). "Mammalian phylogeny: comparison of morphological and molecular results.". Molecular Biology and Evolution (en inglés) 3 (3): 222–242. ISSN 0737-4038. PMID 3127652. doi:10.1093/oxfordjournals.molbev.a040389.
- ↑ Shoshani, Jeheskel; Goodman, Morris; Czelusniak, John; Braunitzer, Gerhard (1985). Luckett, W. Patrick; Hartenberger, Jean-Louis, eds. Evolutionary Relationships among Rodents (Capítulo: A Phylogeny of Rodentia and Other Eutherian Orders: Parsimony Analysis Utilizing Amino Acid Sequences of Alpha and Beta Hemoglobin Chains). NATO Advanced Science Institutes (ASI) Series (en inglés). Boston, MA: Springer US. pp. 191–210. ISBN 978-1-4899-0539-0. doi:10.1007/978-1-4899-0539-0_7.
- ↑ Madsen, Ole; Scally, Mark; Douady, Christophe J.; Kao, Diana J.; DeBry, Ronald W.; Adkins, Ronald; Amrine, Heather M.; Stanhope, Michael J.; de Jong, Wilfried W.; Springer, Mark S. (2001). "Parallel adaptive radiations in two major clades of placental mammals". Nature (en inglés) 409 (6820): 610–614. Bibcode:2001Natur.409..610M. ISSN 1476-4687. PMID 11214318. doi:10.1038/35054544.
- ↑ Murphy, William J.; Eizirik, Eduardo; et al. (2001-12-14). "Resolution of the Early Placental Mammal Radiation Using Bayesian Phylogenetics". Science 294 (5550): 2348–2351. Bibcode:2001Sci...294.2348M. PMID 11743200. doi:10.1126/science.1067179.
- 1 2 3 4 Halliday, Thomas J. D.; Upchurch, Paul; Goswami, Anjali (2015). "Resolving the relationships of Paleocene placental mammals" (PDF). Biological Reviews 92 (1): 521–550. ISSN 1464-7931. PMC 6849585. PMID 28075073. doi:10.1111/brv.12242.
- ↑ S. P. Zack and S. Tomiya (2016.) "New postcrania clarify the affinities of the unusual Eocene mammal Simidectes", in "The Society of Vertebrate Paleontology 76th annual meeting"
- ↑ Tomiya, S.; Zack, S. P.; Spaulding, M.; Flynn, J. J. (2021). "Carnivorous mammals from the middle Eocene Washakie Formation, Wyoming, USA, and their diversity trajectory in a post-warming world". Journal of Paleontology 95 (Supplement S82): 1–115. Bibcode:2021JPal...95S...1T. doi:10.1017/jpa.2020.74. hdl:2433/274918.
- ↑ Borths, Matthew R; Stevens, Nancy J (2017). "Deciduous dentition and dental eruption of Hyainailouroidea (Hyaenodonta, "Creodonta," Placentalia, Mammalia)". Palaeontologia Electronica 20 (3): 55A. doi:10.26879/776.
- ↑ Solé, Floréal; Ladevèze, Sandrine (2017). "Evolution of the hypercarnivorous dentition in mammals (Metatheria,Eutheria) and its bearing on the development of tribosphenic molars". Evolution & Development 19 (2): 56–68. PMID 28181377. doi:10.1111/ede.12219.
- ↑ Prevosti, F. J., & Forasiepi, A. M. (2018). "Introduction. Evolution of South American Mammalian Predators During the Cenozoic: Paleobiogeographic and Paleoenvironmental Contingencies"
- ↑ Matthew R. Borths; Nancy J. Stevens (2019). "Simbakubwa kutokaafrika, gen. et sp. nov. (Hyainailourinae, Hyaenodonta, 'Creodonta,' Mammalia), a gigantic carnivore from the earliest Miocene of Kenya". Journal of Vertebrate Paleontology 39 (1 (número de artigo: e1570222)). Bibcode:2019JVPal..39E0222B. doi:10.1080/02724634.2019.1570222.
- ↑ Floréal Solé; Bernard Marandat; Fabrice Lihoreau (2020). "The hyaenodonts (Mammalia) from the French locality of Aumelas (Hérault), with possible new representatives from the late Ypresian". Geodiversitas 42 (13): 185–214. doi:10.5252/geodiversitas2020v42a13.
- ↑ Zack, Shawn P.; Rose, Kenneth D.; O'Leary, Maureen A. (2025-06-24). "New Cranial and Postcranial Remains of the Once Enigmatic Early Eocene Mammal Wyolestes (Mammalia, Ferae, Hyaenodonta) from North America, and Phylogenetic Evidence for its Interordinal Relationships". Bulletin of the American Museum of Natural History 2025 (475). ISSN 0003-0090. doi:10.1206/0003-0090.475.1.1.
- ↑ Zack, Shawn P. (2019). "A skeleton of a Uintan machaeroidine ‘creodont’ and the phylogeny of carnivorous eutherian mammals". Journal of Systematic Palaeontology 19 (8): 653–689. doi:10.1080/14772019.2018.1466374.
- ↑ Zack, Shawn (2026). "A new species of Simidectes (Mammalia: Ferae) from the early Uintan of California and new evidence of the affinities of the genus". Historical Biology. doi:10.1080/08912963.2026.2646998.
- ↑ J. J. Flynn, A. R. Wyss and M. Wolsan (2020.) "Pan-Carnivora, new clade name" No libro: Phylonyms (pp.979–982)
- ↑ Frank Zachos (2020.) "Mammalian Phylogenetics: A Short Overview of Recent Advances", No libro: "Mammals of Europe – Past, Present, and Future" (pp.31–48)
- ↑ Xue Lv, Jingyang Hu, Yiwen Hu, Yitian Li, Dongming Xu, Oliver A. Ryder, David M. Irwin, Li Yu (2021.) "Diverse phylogenomic datasets uncover a concordant scenario of laurasiatherian interordinal relationships", Molecular Phylogenetics and Evolution, Volume 157