EMI Group Ltd. (siglas de Electric andMusicalIndustries, tamén coñecida como EMI Records Ltd. ou simplemente EMI) foi unha compañía discográfica multinacional que incluía ao selo EMI Music, con sede en Brook Green, no distrito londiniense de Hammersmith e Fulham, e a EMI Music Publishing, con sede en Charing Cross Road, tamén na cidade de Londres. EMI Music foi un dos catro grandes selos discográficos do mundo e EMI Music Publishing foi o maior produtor musical do mundo.
En marzo de 2006 a "EMI Group" entrou en negociacións para a compra da Warner Music Group -este movemento no mercado fonográfico poderia reducir os 4 "xigantes" do ramo para 3 -mais de acordo coa páxina web da Warner, a proposta foi rexeitada. Entón, a Warner volveu á mesa de negociacións ofrecendo a compra da EMI, que rexeitou a proposta. Representantes de ambos os lados continúan mantendo encontros e decidindo quen compra quen.