Saltar ao contido

Doboj

Doboj
 Nome orixinal
    Добој (sr-cyrl) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Grad Doboj (bs)
Град Добој (sr-cyrl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Medio usado
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: Mayor of Doboj (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Boris Jerinić (pt) Traducir (2018 - )
Obren Petrovic (en) Traducir (2016 - 2018) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
28 de xuño de 1415 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
1992Siege of Doboj (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Irmandado con
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   68.514 (2013) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   648 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   143 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal74000 Editar o valor en Wikidata
VIAF128033561 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01r1cw Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

Doboj (en serbio: Добој) é unha cidade e concello situado na República Serbia dentro da federación de Bosnia e Hercegovina. A cidade é un importante nó ferroviario e alí ten a súa sede os Ferrocarrís da República Serbia e a Corporación dos Ferrocarrís de Bosnia e Hercegovina. A superficie do concello é de 691 km² despois que tras a Guerra de Bosnia se formaran, integrados na Federación de Bosnia e Hercegovina, os concellos de Doboj do Leste e Doboj do Sur de maioría musulmá e Usora de maioría croata. A poboación estimada do concello é de 80.000 habitantes e da cidade de 30.000 [1]. A composición étnica variou considerablemente coa Guerra de Bosnia, actualmente a maioría da poboación é serbia con arredor do 80%, un 13% é bosniomusulmá e un 3% croata.[2]

A primeira vez que se menciona a localidade de Doboj foi en 1415 pero de feito pola cantidade de obxectos atopados en escavacións arqueolóxicas había xa un núcleo de poboación desde moito antes e a Fortaleza de Doboj data do século XIII, construída sobre unha anterior que podería ser do século X. En 1476 a fortaleza xunto coa localidade caeu baixo o Imperio Otomán. Durante a primeira guerra mundial en Doboj estableceuse o máis grande dos campos de concentración para serbios polo que pasaron case 46.000 prisioneiros. Na segunda guerra mundial Doboj converteuse nun importante foco de resistencia dos partisanos. A cidade quedou liberada o 17 de abril de 1945

  1. ↑ Esas cifras aparecen na web oficial do concello Arquivado 12 de abril de 2008 en Wayback Machine.. O último censo oficial en Bosnia e Hercegovina foi en 1991 antes da guerra de Bosnia que modificou considerablemente a demografía da localidade. Segundo o censo de 1991 o concello de Doboj tiña 102.549 habitantes, aproximadamente un 40% de bosniomusulmáns e 39% de serbios
  2. ↑ Segundo a Oficina de Estatísticas de Bosnia e Hercegovina, datos estimados de de 2005