Saltar ao contido

Dessau

Dessau
 Nome curto
    De (de) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Dessau (de) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Dessau (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
Características
 Situación patrimonial
Datas
 Disolución / destrución
1 de xullo de 2007 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substituído por
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
91.243 (2006)
83.616 (2013) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   182,81 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   63 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal06842 Editar o valor en Wikidata
VIAF155934610 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/016n7b Editar o valor en Wikidata
NUTSDEE11 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Dessau é unha Stadtteil (subdivisión urbana) da cidade alemá de Dessau-Roßlau no Estado federado de Saxonia-Anhalt.[1] En xeral, comprende a parte da cidade situada na marxe esquerda do río Elba.

Antes da reforma territorial de 2007, era unha Kreisfreie Stadt (cidade-distrito) directamente subordinada ao Estado, pero fusionouse coa veciña cidade de Roßlau para dar lugar á cidade actual.

A obra da Bauhaus en Weimar e en Dessau foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996. Igualmente, en 2000 o Reino dos xardíns de Dessau-Wörlitz, o maior xardín inglés da Europa continental, foi proclamado Patrimonio da Humanidade.[2][3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Dessau atópase nunha chaira aluvial onde o río Mulde desemboca no Elba. Isto provoca inundacións anuais. A peor inundación ocorreu en 2002, cando o distrito de Waldersee ficou case completamente asolagado. Ao sur de Dessau atópase unha zona boscosa chamada Mosigkauer Heide. O punto máis alto alcanza os 110 metros (Scherbelberg) no suroeste de Dessau. Está rodeada de numerosos parques e mansións con xardíns, o que a converte nunha das cidades máis verdes de Alemaña.[4]

Dessau foi mencionada por vez primeira en 1213. En 1570 converteuse na capital do principado de Anhalt, dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico. Anhalt disolveuse en 1603, pero Dessau seguiu sendo unha cidade próspera, capital do microestado de Anhalt-Dessau. Cando Anhalt foi reunificada en 1863 como ducado, Dessau converteuse de novo en capital e así permaneceu até 1918.[5]  

Dessau é famosa pola súa escola de arte, arquitectura e deseño Bauhaus. Trasladouse aquí en 1925, despois de que foi forzada a pechar en Weimar. Moitos artistas famosos impartiron clases en Dessau nos anos seguintes, entre eles Walter Gropius, Paul Klee e Vasili Kandinski. Os nazis forzaron o peche definitivo da Bauhaus en 1933.[6]

A cidade quedou practicamente destruída polos bombardeos aliados na Segunda guerra mundial o 7 de marzo de 1945, días antes de que as tropas estadounidenses ocupasen a cidade, o 23 de abril. Despois foi reconstruída nunha arquitectura de formigón propia da República Democrática Alemá e converteuse nun gran centro industrial da Alemaña do Leste. Desde a reunificación alemá foron restaurados moitos edificios históricos.[6]

O compositor Kurt Weill naceu en Dessau. Desde 1993 a cidade alberga o Festival Kurt Weill anualmente. Dessau foi tamén o lugar onde naceron o filósofo Moses Mendelssohn (en 1729) e o poeta Wilhelm Müller, autor dos textos que utilizou Franz Schubert nos seus ciclos de Lieder Die schöne Müllerin e Winterreise.

Transporte

[editar | editar a fonte]

Transporte público

[editar | editar a fonte]

A rede de trens e tranvías de Dessau ten tres liñas e compleméntase con numerosas liñas de autobuses. O transporte público de Dessau é operado por Dessauer Verkehrsgesellschaft (DVG), que transporta ao redor de 6 millóns de persoas cada ano.

O Dessau-Wörlitzer-Eisenbahn (DWE)

Estacións de tren

[editar | editar a fonte]

Dessau Hauptbahnhof (estación principal) ten conexións con Magdeburgo, Berlín, Leipzig, Ache, Bitterfeld e Lutherstadt Wittenberg. A liña de Berlín abriuse en 1840. A Dessau-Bitterfeld, aberta en 1857, electrificouse en 1911, sendo o primeiro ferrocarril de longa distancia totalmente electrificado en Alemaña. Dessau formou parte da rede de longa distancia InterCity até 2002. Os trens rexionais tamén paran nas estacións Dessau-Süd, Dessau-Alten, Dessau-Mosigkau e Rodleben. O Dessau-Wörlitzer-Eisenbahn conecta Dessau con Wörlitz, 15 km ao leste, e o parque Wörlitzer.

Ponte da A9 preto de Dessau cruzando polo río Elba.

En 1938 construíuse a autoestrada A9 (Múnic-Berlín) ao sueste da área da cidade. As dúas saídas a Dessau na A9 chámanse "Dessau-Ost" e "Dessau-Süd". Dessau tamén é atravesado pola "Bundesstrassen" (estradas federais) B184 e B185.

Hoxe en día, o "Leopoldshafen" (porto) utilízase para os eventos internacionais anuais de regatas a motor. O "Wallwitzhafen" utilízase como porto deportivo privado para botes e o "Elbehafen" preto da Casa dos Grans utilízase para cruceiros. O próximo porto de mercadorías atópase en Rosslau.

Aeródromo

[editar | editar a fonte]

O aeródromo de Dessau está situado ao noroeste da cidade. A pista ten unha lonxitude de 1000 m. O Museo Técnico Hugo Junkers está situado ao leste do campo de aviación, que ten o extremo oriental da pista moderna case lindando coa histórica pista de aterraxe da fábrica de Junkers da Segunda guerra Mundial.

Bicicleta

[editar | editar a fonte]

Dessau atópase na paisaxe plana das terras baixo-saxonas. Os camiños para bicicletas teñen unha lonxitude de aproximadamente 146 km e conectan todos os parques e lugares de interese.

Hai varios exemplos de arquitectura Bauhaus en Dessau, algúns deles incluídos no Patrimonio da Humanidade pola Unesco. O propio Colexio da Bauhaus foi construído segundo esbozos de Walter Gropius.

  • Museo de Dessau da Bauhaus, con guía audiovisual
  • Casas dos mestres
    • Casa Feininger (Centro Kurt Weill)
    • Casa Muche-Schlemmer
    • Casa Klee-Kandinsky
    • Casa Gropius (destruída), agora úsase para vendas, café e libraría
  • Leira Dessau-Törten con Edificio e Casa de Aceiro, Laubenganghouses e Casa Fieger
  • Casa do Gran, construída por Carl Fieger en 1930 como un restaurante, aínda activo
  • Oficina de emprego

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Visit Dessau - Tourismusportal der Stadt Dessau-Roßlau". Visit Dessau (en alemán). Consultado o 2025-11-07.
  2. ↑ "Garden Kingdom of Dessau-Wörlitz" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 8 de xaneiro de 2013.
  3. ↑ Gema Casadeval (1 de setembro de 1997). "Unesco declara la Bauhaus Patrimonio de la Humanidad". El Mundo (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2008.
  4. ↑ "What Europe does for me - #EUandME". what-europe-does-for-me.europarl.europa.eu (en inglés). Consultado o 2025-12-21.
  5. ↑ Quick facts for kids, Dessau; www.dessau.de. "Dessau facts for kids". kids.kiddle.co (en inglés). Consultado o 2025-12-21.
  6. 1 2 "Bauhaus". britannica.com. Consultado o 21 de decembro de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]