Saltar ao contido

Bacan

Bacan
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   13.000 Editar o valor en Wikidata
 Superficie
1.800 km²
10.806,7733 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   187 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap7176719 Editar o valor en Wikidata
VIAF242317717 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fzzn Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Bacan (pronunciado "bachán") é unha illa da provincia indonesia das Molucas do Norte. Está separada da península suroeste de Halmahera polo estreito de Patinti. Ó norte sitúanse as illas de Kayoa, Makian, Ternate e Tidore.

Ten cerca de 1 900 km² de superficie e 13 000 habitantes. A principal cidade de Bacan é Labuha, na parte occidental. O sur da illa é montañoso e o punto máis elevado ten 2 111 m de altitude. A súa forma é moi irregular, a semellanza doutras illas próximas.

Bacan forma, en conxunto cas illas de Kasiruta ao noroeste, Mandioli ao oeste, e outras 80, o arquipélago de Bacan.

O interior de Bacan está pouco poboado. Os habitantes do litoral son indíxenas. Os Sirani (de nasrani, "cristiá" en lingua malaia, din ser descendentes de portugueses), malaios, papúas e inmigrantes doutras illas.

A illa ten un grande interese para a zooloxía debido á gran biodiversidade.

Bacan foi un sultanato. O interese dos europeos por Bacan era debido á súa posición estratéxica, que permitía o control do comercio de especias que florecía en Ternate, Tidore e Halmahera. A illa en si non dispón de moitos recursos naturais interesantes.

En 1558, os portugueses construíron un forte. En 1609, a VOC (Compañía Holandesa das Indias Orientais) tomouno.

En 1882, os neerlandeses comezaron a explorar a illa, sen éxito, debido á pobreza do solo e da falta de man de obra.

En 1889, foi substituída a monarquía por un consello de xefes tradicionais.

O Sultán de Bacán perdeu moito do seu poder coa chegada dos colonizadores europeos, e a que mantivo perdeuse coa independencia de Indonesia logo da segunda guerra mundial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]