Rongrik (tamén coñecido como Rongerik, Rongdrik ou Roñdik) é un atol deshabitado de 1´68km² no océano Pacífico. Está formado por 17 illas rodeando unha lagoa de 144km². Forma parte da cadea Ralik nas Illas Marshall, atopándose a 200km ao leste do atol Bikini. Estados Unidos recolocou neste atol aos habitantes do atol Bikini mentres levaba a cabo as probas nucleares. Logo de meses de fame negra e desnutrición foron trasladados a Kwajalein e finalmente a Kili.