Ailuk é un atol de 57 illas no océano Pacífico, e forma un distrito lexislativo da cadea Ratak nas Illas Marshall. Atópase aproximadamente a 72km. ao norte de Wotje. A súa superficie total é de só 5´4km², pero encerra unha lagoa cunha superficie de 177´45km². Os illotes principais son: Ajelep, Aliej, Ailuk, Alkilwe, Barorkan, Biken, Enejabrok, Enejelar, Kapen e Marib. A maioría dos illotes están no lado oriental do atol. Os lados oeste e sur do atol teñen un continuo arrecife de coral mergullado, con tres pasos principais que conducen á lagoa: a canle Erappu, a canle Marok e a canle Eneneman no lado oeste.
Ailuk tiña unha poboación de 488 habitantes (a principios de 2006) aproximadamente.