Saltar ao contido

Al-Andalus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Al-Ándalus»)
Al-Andalus
 Nome orixinal
    الأندلس (ar) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    Andalusi (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Epónimo
 Causa da fin
Características
 Lingua oficial
Datas
 Data de comezo
711 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
2 de xaneiro de 1492 Conquista de Granada Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2 de xaneiro de 1492 Editar o valor en Wikidata
 Período
Historia
 Substitúe
Localización
 Xeografía
 Situado na entidade xeográfica
 Continente
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
VIAF313540021 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01zv4k Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX450674
Wikidata C:Commons
Al-Andalus e os reinos cristiáns arredor do ano 1000.
Corán do século XII utilizado en Al-Ándalus.

Al-Andalus (en árabe: الأندلس) foi o nome dado á Península Ibérica polos seus conquistadores islámicos do século VIII, sendo empregado para se referiren á península independentemente do territorio politicamente controlado polas forzas islámicas.

Inicialmente integrado na provincia norteafricana do Imperio Omeia, o Al-Andalus sería un emirato, o Emirato de Córdoba (756 - 929) e posteriormente un califato, o Califato de Códoba independente do poder abbásida (929 - 1031). Coa disolución do califato en 1031, o territorio pulverizouse en varios reinos chamados Taifas.

Coa reconquista dos territorios polos cristiáns, descendentes dos hispanovisigodos, que se refuxiaran nas zonas do norte da Península, nun proceso que ficou designado historicamente por Reconquista, o nome Al-Andalus foise adecuando ó cada vez menor territorio baixo ocupación árabe-musulmá, na metade sur da península, aproximadamente a mesma area da antiga provincia romana Bética, cuxas fronteiras foran progresivamente empurradas para o sur, até a toma do Reino de Granada polos Reis Católicos.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome Al-Andalus apareceu por primeira vez como designación para a Península Ibérica en 716, nunha moeda bilingüe que foi alí acuñada. Nesa moeda a verba Span(ia), en latín, correspondía a Al-Andalus, en árabe.

Segundo Reinhardt Dozy (1820 - 1883), investigador neerlandés do islam, a verba Al-Andalus estaría relacionada ó vocábulo Vandalicia, nome que el afirmaba ter recibido a Bética romana cando os vándalos alí se asentaran entre 409 e 429 d. C. Esta posición foi compartida por outros estudosos, entre eles Évariste Lévi-Provençal, mais nunca foi posible atopar probas documentais que mostren que a Bética foi algunha vez chamada Vandalicia.

O filólogo español Joaquín Vallvé Bermejo, na súa obra La división territorial de la España musulmana, afirma que Al-Andalus ten a súa orixe en Jazirat al-Andalus, a "illa do Atlántico" ou Atlántida. De acordo con este catedrático, a lenda da Atlántida de Platón foi transmitida para o mundo árabe antes do nacemento do islam no século VII, como revela a poesía preislámica, que xa fai referencia a un Al-Andalus.

A semellanza do que sucedeu no dominio artístico, os árabes e bérberes que se asentaron na Península Ibérica no século VIII comezaron por recorrer ós saberes legados pola civilización visigoda.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]