O sabor adstrinxente é que se produce na boca e que é unha sensación entre a sequidade intensa e o amargor. Algúns alimentos teñen sabor adstrinxente, coma certos froitos especialmente non chegados como son os dátiles, o caqui etc. Algunhas infusións de té tamén teñen certo sabor adstrinxente. Ademais o sabor adstrinxente é unha das cualidades organolépticas propias dos viños tintos, segundo o seu contido de taninos, substancias que ademais de lles fornecer a cor carmesí característica, tamén lle dan ese ton de amargor e sequidade propio dos viños tintos fortes, ricos en taninos.