Achatocarpaceae
| Achatocarpaceae | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
As achatocarpáceas (Achatocarpaceae) son unha familia de árbores ou arbustos dioicos ao que pertencen unhas dez especies agrupadas en dous xéneros (Achatocarpus Triana e Phaulothamnus A.Gray, segundo o sistema APG II). En clasificacións máis antigas esta familia incluíase dentro de Phytolaccaceae.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son plantas con ou sen espiñas; ramas curtas con abundantes follas alternas ou fasciculadas sobre braquiblastos. As flores masculinas presentan 5 sépalos abertos ao florecer e de 15 a 20 estames. As flores femininas con igual número de sépalos erectos arredor do ovario que se encontra nunha posición máis alta ao punto de inserción das restantes pezas da flor. O pistilo complétase con dous estilos apicais longos e curvos. O froito é unha baga carnosa cos sépalos unidos na base. Suponse que a polinización é realizada por aves, pero non existen observacións que o confirmen.
Hábitat
[editar | editar a fonte]É unha familia propia de América tropical e subtropical. Como exemplo, na Arxentina vive un só xénero (Achatocarpus), con dúas especies e dúas variedades e outro en Paraguai cunhas cinco especies.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Achatocarpaceae Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. in L. Watson e M.J. Dallwitz (1992 onwards). The families of flowering plants Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine.
- Flora of North America: Achatocarpaceae
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Achatocarpaceae |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Achatocarpaceae |
- Achatocarpaceae Heimerl Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés).
- Ilustracións Arquivado 22 de setembro de 2012 en Wayback Machine.